PrensaInformación financeira
Prensa: +34 981 12 75 20 Imprimir Enviar a

Banco Pastor nun minuto

Banco Pastor é o sétimo maior grupo bancario en España e líder en Galicia, cun volume de negocio comercial que supera os 40.000 millóns de €.
Cunha longa experiencia no mercado español, no que operamos dende 1776.
Esencialmente, somos un banco retallista con 578 sucursais por todo o territorio nacional, unha rede de 10 oficinas en Europa e América e  4.128 empregados.
As nosas principais actividades son a captación de depósitos e a concesión de préstamos a individuos e a pequenas e medianas empresas.
Ademais, tamén contamos con outros servizos máis específicos tales como a xestión de investimentos, fondos de pensións, Bolsa e financiamento ao consumo.
O noso principal accionista é a Fundación Barrié, con máis do 40% do capital. Creada no ano 1966, dedicou máis de 280 millóns de euros ao desenvolvemento de actividades nos eidos da educación, a investigación, a cultura e os servizos sociais.

 

Banco Pastor en un minuto

"PLAN ESTRATÉXICO 2011-2013"

O plan "Crecemento Intelixente" ciméntase principalmente sobre dous grandes eixes estratéxicos:

Un encamiñado á rendabilidade, para o cal prevemos duplicar os beneficios de 2010 en 2013. Este obxectivo lograrase utilizando as fortalezas de noso dobre posicionamento en España. Por un lado, o noso liderado en Galicia como marca de referencia e, por outro, a nosa forte implantación nacional no mundo das empresas. Para estas, as vantaxes competitivas que ofrecemos en axilidade de resposta, proximidade ao cliente, produtos a medida e alta calidade de servizo, contribuirán a un crecemento intelixente e autofinanciado.

O outro eixe estratéxico baséase nun decidido compromiso coa solvencia, algo habitual en Pastor, que xa parte en 2010 cun elevado 8,5% de core capital, e que será reforzado de maneira orgánica ata alcanzar, no peche do plan, niveis próximos ao 10%.

Crecimiento Inteligente

Contacto para periodistas

Teléfono:  +34 981 127 520 Fax:          +34 981 127 552 Email:        comunicacion@bancopastor.es