Tras alcanzar un resultado antes de impostos de 76,3 millóns de euros, un 27,1% máis, o beneficio atribuído ao Grupo Banco Pastor no primeiro trimestre de 2007, unha vez descontado o imposto de sociedades e os resultados de minoritarios, situouse en 52,8 millóns de euros, o que supón un incremento interanual de 12,6 millóns de euros, un 31,4% en termos relativos, ao tempo que eleva o ROE ata un 19,0% e a eficiencia baixa ata o 39,7%.
Estes importantes ritmos de crecemento fanse visibles dende o primeiro momento, non en van fundaméntanse no forte dinamismo que vén mostrando a nosa actividade comercial en todas as súas vertentes e na súa consecuente translación a todas as marxes intermedias da conta de resultados:
-As altas de clientes no trimestre superaron nun 20% as do mesmo período do exercicio anterior e o número de produtos vendidos en media mensual elevouse a 82.000, case 9.000 máis dos que como media se colocaron nos tres primeiros meses de 2006.
-Espectacular crecemento do volume de negocio comercial, 7.430 millóns de euros respecto do saldo de marzo do ano anterior, un 25,2% en taxa interanual.
-Un significativo equilibrio entre o investimento crediticio e os recursos. Os créditos a clientes incrementáronse nun 26,6% e os recursos de clientes nun 23,4%.
-Mellora da marxe de clientes en 15 puntos básicos en relación coa media do mesmo trimestre de 2006.
-Caída do índice de morosidade en 5 puntos básicos, ata o 0,69% e mellora significativa da cobertura, que se eleva ata un 282%.
-O favorable comportamento de todas estas variables ten un reflexo directo na conta de resultados: incremento da marxe de intermediación (sen rendementos de instrumentos de capital) do 22,4% e da marxe de explotación nun 24,4%.
-Con 40 oficinas máis que en marzo de 2006 e cun incremento neto de equipo de 209 empregados, seguimos avanzando na mellora da eficiencia. A ratio que a mide (canto menor, mellor) rompeu por vez primeira a referencia do 40%, con mínimo histórico do 39,7%.
-Revalorización continua da acción Banco Pastor. Despois dun 45,6% en 2006, o 31 de marzo deste ano 2007 acumulaba un 16,9%, moi por enriba de todos os índices bolsistas de referencia.
"Banco Pastor non se relaxa a pesar destes resultados. A miña mensaxe á organización é clara e contundente, esforzándose en mellorar a actividade comercial, sendo máis eficientes e poñendo sempre o acento na calidade de servizo. En definitiva, facer as cousas ordinarias de forma extraordinaria. É evidente que esta mensaxe calou", comentou José María Arias, presidente de Banco Pastor".
"Ao inicio do seu quinto ano consecutivo de crecemento e expansión, Banco Pastor continúa co seu espectacular dinamismo comercial e presenta neste trimestre os mellores resultados da banca doméstica e da súa historia", engadiu Jorge Gost, conselleiro delegado de Banco Pastor.
Banco Pastor Group earned 31.4% more in 1Q07
After reaching a Profit before Taxes in the 1Q07 of 76.3 million euros, up 27.1% in relative terms, the Income attributed to the Group, once we deduct the income tax provision and the income attributed to minority interests, stood at 52.8 millioneuros, with an increase of 12.6 million euros, an annual advance of 31.4%. Inparallel, the ROE rose to 19% and the efficiency ratio decreased to 39.7%.
-This solid pace of growth is apparent from the very beginning, being the main driver the strong dynamism displayed by all Banco Pastor Group’s commercial business generating units, which has translated into favourable P&L account intermediate margins:
-The number of new clients in 1Q07 has exceeded +20% over the equal periodof 2006, and the number of products sold in monthly average terms amounted to82,000, almost 9,000 more in comparison with the 1Q06.
-Superb commercial business growth: 7,430 million euros more in relation toMarch 2006, up 25.2%.
-Group Banco Pastor’s growth has been very balanced, up 26.6% in loans and 23.4% in customer funds.
-Client spread improvement of 15 basis points over the first three months of 2006.
-The NPL ratio presented a reduction of 5 basis points, dropping to 0.69% at thesame time that the coverage ratio rose to 282%.
-The favourable performance of all these variables is directly translated into theP&L account: the Net Interest Income (ex return on equity instruments)expanded by 22.4% and the Operating Income by 24.4%.
-With 40 new branches more than a year ago and with an increase in the netpayroll of 209 professionals, we continue improving the cost to income ratio,which has for the first time ever broken the 40% level, decreasing to a historicalminimum of 39.7%.
-Continuous appreciation of Banco Pastor’s share value. After a 45.6% capitalization increase in 2006, at the end of March 2007 Banco Pastoraccumulated a market return of 16.9%, outperforming all the stock exchange
“In spite of these results Banco Pastor will not relax. My message addressed to theorganization is clear and forceful, aimed at improving the commercial activity,striving to become more cost efficient and always emphasizing on service quality. In sum, our objective is doing ordinary things in an extraordinary way. It is obvious that this message has already caught on”, said José María Arias, President of Banco Pastor”.
“At the beginning of its fifth consecutive year of growth and expansion, BancoPastor maintains its remarkable commercial dynamism, presenting in this firstquarter of the year the best results ever obtained in its history and the best amongthe domestic banking peers”, added Jorge Gost, CEO of Banco Pastor.
A Coruña, 27 de abril de 2007 - Os excelentes resultados alcanzados polo Grupo Banco Pastor no primeiro trimestre de 2007 fundaméntanse no forte impulso da actividade comercial en todos os niveis.
Este dinamismo tradúcese nun incremento do volume de negocio comercial do 25,2%, ata os 36.877 millóns de euros, cun importante equilibrio entre o crecemento dos créditos a clientes -26,6%— e dos recursos de clientes —23,4% —.
Os créditos, despois de crecer 4.446 millóns de euros, representan xa o 84% do total activo e todas as diferentes modalidades mostran crecementos superiores ao 20%, entre as que destacan aquelas vinculadas a operacións con pemes: arrendamentos financeiros +65,2%, contas de crédito +36,0% e crédito comercial +22,5%. Pola súa parte, dentro dos recursos, os débitos a clientes vense incrementados nun 22,4%, co que se duplican os saldos coas administracións públicas e crecen as contas correntes e os depósitos a prazo do sector residente a taxas do 23,5% e do 19,5%, respectivamente.
En consonancia co desenvolvemento do negocio, o incremento da venda de produtos e servizos foi un factor decisivo no crecemento do 14,1% das comisións. Así, por exemplo, o número de tarxetas (de débito, de crédito e dadas de alta no trimestre superou nun 20% as do mesmo período do ano anterior. Pola súa banda, os produtos de previsión (fondos de pensións e seguros) fixérono nun 15%.
Así, as marxes de resultados presentan unha gran fortaleza que arranca da marxe de intermediación ex-dividendos cunha variación interanual ao 22,4% —determinado polo efecto conxunto do crecemento do negocio e a mellora da marxe de clientes— e esténdese progresivamente pola marxe ordinaria que avanza o 18,1% e culmina cunha marxe de explotación que crece ao 24,4%.
As perdas por deterioración de activos, cuxa evolución se explica pola dotación ao fondo xenérico —é dicir, a ligada directamente ao crecemento do investimento, non pola morosidade específica— lévannos a un resultado antes de impostos de 76,3 millóns de euros, un 27,1% máis que no primeiro trimestre de 2006.
Por último, convén destacar que a acción de Banco Pastor se apreciou case nun 17% no último trimestre, rendibilidade que é a segunda máis elevada do sector e que excede non só o índice xeral de Madrid (+4,34%), o Ibex 35 (3,5%) ou o Ibex Med Caps (13,1%), senón tamén o seu grupo, comparable tanto doméstico coma europeo, xa que o Dow Jones Stoxx de bancos europeos caeu 11 puntos básicos no trimestre.
Analizando o comportamento da acción no último ano, o valor de mercado da entidade aumentou un 43,8%, en termos relativos, ata os 4.500 millóns de euros e é, con diferenza, o mellor valor bancario nacional, ao crecer en 1.376 millóns de euros, case 100 millóns de euros máis que o valor de mercado da entidade hai apenas 3 anos.
En resumo, neste trimestre:
Banco Pastor incrementa un 25,1% o resultado.
Cun resultado atribuído ao grupo de 105,2 millóns de euros, o Grupo Banco Pastor pecha a primeira metade do exercicio cun crecemento sobre o mesmo período do ano anterior dun 25,1% en termos relativos. O resultado, antes de impostos, elévase a 156,3 millóns de euros, un 27,9% máis.
-A conta de resultados exhibe unha gran fortaleza do negocio comercial e mostra unha aceleración en todas as marxes con respecto a marzo 2007.
-A visibilidade do resultado xérase xa dende a marxe de intermediación, e materialízase nun resultado atribuído que, por sexto trimestre consecutivo, crece a taxas por enriba do 25%.
-Nos seis primeiros meses de 2007, as ratios clave do Plan Delta, eficiencia e ROE presentaron un avance espectacular: mellora de 343 puntos básicos en eficiencia e de 296 puntos básicos no ROE, o que nos coloca nunha posición de privilexio para alcanzar os obxectivos do plan estratéxico en 2008.
-Notable incremento do volume de negocio, 7.537 millóns de euros, un 23,8% en taxa interanual, cunha evolución equilibrada dos recursos de clientes e o investimento crediticio que crecen a taxas do 22,6% e 24,6% respectivamente.
-Mantense a boa calidade crediticia, cun descenso de 5 puntos básicos do índice de morosidade, que se sitúa no 0,68%, en niveis similares aos de decembro, e cunha cobertura do 279%.
"Banco Pastor presenta novamente uns sólidos resultados a pesar dos retos que o sector xa está a percibir e para os que todos debemos, xa hoxe, estar preparados" comentou José María Arias, presidente de Banco Pastor. "Se para nós o plan estratéxico que pechamos en 2005 foi todo un éxito, non podo pensar menos de como avanzamos neste Plan Delta ao comprobar que, no seu ecuador, crecemos un 52% máis en volume financeiro ca no ecuador do plan anterior, cunha gran diferenza, dobramos o crecemento en recursos" engadiu Arias. "Sabemos que a economía e o noso sector están a entrar nun ciclo menos favorable, pero en Banco Pastor estamos preparados de cara ao futuro e comprometidos coa execución da nosa estratexia de crecemento rendible" puntualizou o presidente de Banco Pastor.
"Unha vez máis, a calidade dos resultados mostran a nosa capacidade para deseñar e executar un plan de negocio compacto que inclúe o firme compromiso cara aos nosos clientes e profesionais. Estamos a potenciar sinerxías entre as empresas do grupo, centradas no negocio de banca, e articulando constantemente un equipo de xente comprometida" afirmou Jorge Gost, conselleiro delegado de Banco Pastor. "Toda a nosa oferta ao cliente, partindo do servizo Pastor, busca resolver as súas demandas, tanto na nosa división de Internet como na rede de sucursais. O crecemento en produtos vinculados a pemes é só unha mostra da nosa competitividade e o talento dos nosos profesionais" finalizou o conselleiro delegado de Banco Pastor.
A Coruña 24 de xullo de 2007. A solidez da conta do Grupo Banco Pastor en xuño de 2007 reflíctese nunha excelente rendibilidade e eficiencia, e está sustentada nun crecemento equilibrado e intenso do negocio bancario que se traslada a todas as marxes da conta.
O dinamismo do investimento crediticio, que en xuño 2007 ascende a 23,1 mil millóns de euros, segue apoiado nun claro enfoque ao segmento pemes nun contexto de favorable evolución económica. Así, o crédito comercial crece a ritmos do 18%, as contas de crédito ao 28% e o leasing ao 54%. Todo iso sen esquecer o financiamento para adquisición de vivenda a particulares, que aumenta a taxas do 16%. Pola súa banda, os recursos de clientes, que aumentan case 3.000 millóns de euros, presentan nos depósitos a prazo a súa principal referencia, crecendo a taxas do 25,7%, mentres os depósitos á vista se incrementan un 14%. A excelente combinación de crecemento do investimento e os recursos de clientes permitiu manter o financiamento institucional en niveis similares aos de hai un ano.
Así, o crecemento da marxe de intermediación, excluídos os rendementos de capital, presenta unha taxa de variación do 25,9%, que se traslada ao longo da fervenza, cunha marxe básica que avanza un 20,2% e unha marxe de explotación que o fai un 24,8%, todo iso apoiado no crecemento do negocio, a xestión da marxe de clientes e unha evolución controlada dos gastos de explotación, nun contexto de apertura de oficinas.
Neste sentido, e cos ingresos crecendo a dobre velocidade ca os custos, a ratio de eficiencia rexistra un novo mínimo histórico, o 38,5%, cunha redución de 305 puntos básicos dende xuño, todo iso a pesar de abrir 53 oficinas no último ano e incrementar un 3% o número de empregados.
A captación de novos clientes, que superan os 73.000 nos seis primeiros meses do ano, así como os preto de 500.000 produtos vendidos, son claros indicadores da actividade comercial do Grupo Banco Pastor e factores clave no comportamento das comisións que crecen a taxas do 15,4%.
Unha vez descontadas as perdas por deterioración, impostos e minoritarios, o resultado atribuído ao Grupo elévase a 105,2 millóns de euros, un 25,1% en termos relativos.
Os bos resultados do semestre tradúcense nun aumento significativo da rendibilidade: o ROE sitúase no 19% e a rendibilidade do activo (ROA) elévase ao 0,85% dende o 0,82% de hai doce meses.
A acción de Banco Pastor foi o valor bancario nacional que máis se apreciou ao longo do último ano, crecendo a taxas dun 48,1% fronte a niveis dun 30,96% do Índice Xeral da Bolsa de Madrid, dun 28,96% do Ibex 35 ou dun 14,9% do sector financeiro europeo (Dow Jones Stoxx 600 Financials).
Por outro lado, é especialmente salientable a evolución da liquidez do valor, que case cuadriplica o volume recorrente diario negociado hai apenas dous anos e que se sustenta pola inclusión do valor nun número crecente de índices bolsistas e un incremento moi significativo da cobertura de analistas que xa supera a vintena.
En resumo:
12 trimestres crecendo por enriba do 25%.
Ao termo do terceiro trimestre do exercicio 2007, o resultado atribuído ao Grupo Banco Pastor alcanzou un montante de 154,2 millóns de euros, 31,0 millóns de euros máis que en igual período do ano anterior, elevando así a taxa de crecemento interanual ata o 25,2%, en liña, mesmo lixeiramente superior, á obtida ao final do primeiro semestre. O resultado antes de impostos totaliza 229,5 millóns de euros, tras un incremento do 24,9%.
-Banco Pastor creceu durante os pasados 12 trimestres por enriba do 25% o seu resultado atribuído.
-O ROE, a rendibilidade sobre os recursos propios, situouse nun 18,6%, mellorando en 255 puntos básicos a do exercicio anterior e en 519 puntos básicos a alcanzada no arranque do Plan Delta, é dicir, a do ano 2005.
-Así mesmo, o segundo obxectivo clave do Plan Delta, a eficiencia, situouse nun 39,9%, presentando melloras substanciais, 202 puntos básicos respecto da do pasado exercicio e 456 puntos básicos en relación co do inicio do devandito plan.
-O núcleo central do noso negocio é a banca comercial, facemos banca de clientes focalizada en pemes e particulares.
-O noso sinal distintivo: o crecemento equilibrado, que se materializou nun incremento interanual do volume de negocio de 7.301 millóns de euros, un 22,0% en termos relativos. Os créditos a clientes, incluídos os titulizados de fóra de balance, crecen nun 21,5%.
-Banco Pastor crece en captación de recursos de clientes por enriba do 26% nos últimos doce meses. Se nos remontamos ao inicio do Plan Delta, creceuse de xeito sostido a unha taxa media do 20%. O Plan Delta marcouse como prioridade estratéxica o pasivo de clientes e a tendencia sempre foi ascendente.
-A posición de total liquidez fai que o 70,7% do investimento crediticio se financie con depósitos de clientes e que unicamente o 29,3% se financie en mercados institucionais.
-Boa calidade crediticia: o índice de mora, incluíndo os riscos continxentes, situouse nun 0,72% –porcentaxe idéntica á do inicio do plan director–, cunha ampla cobertura, do 259,2%.
"É de esperar que os efectos dun mundo globalizado afecten a Europa e España, pero non parece razoable ser catastrofista nun país que seguirá crecendo, segundo todas as previsións, por enriba do 2,7% en 2008", afirmou José María Arias, presidente de Banco Pastor. "Os fundamentos da nosa economía son sólidos e esta crise de confianza servirá, como tantas outras, para fortalecer aqueles que fixeron ben a súa xestión. Os nosos obxectivos son ambiciosos; xamais, na historia recente, se atopou Banco Pastor tan preparado pola súa solidez, solvencia e calidade dos seus profesionais", recalcou Arias.
"O equipo de Banco Pastor presenta novamente un crecemento e uns resultados recorrentes, equilibrando, como dende hai máis de oito trimestres, os recursos da clientela co investimento. Continuamos incrementando o negocio cos nosos clientes e captando mozos e mozas a través de atractivos produtos, como o renovado depósito "12 crecente", indicou Jorge Gost, conselleiro delegado de Banco Pastor. "O crecemento alcanzado confirma a nosa estratexia deseñada no Plan Delta –que anticipaba unha situación económica como a actual– e a nosa competitividade comercial entre a banca doméstica", engadiu Gost.
A Coruña 22 de setembro de 2007. A conta de resultados que presentamos é un fiel reflexo da decidida aposta do Grupo Banco Pastor por un desenvolvemento organizacional eficiente e por un crecemento do negocio comercial constante, harmónico e equilibrado.
O investimento crediticio, incluíndo os empréstitos titulizados de fóra de balance, totaliza ao peche do terceiro trimestre un montante de 23.735 millóns de euros, materializando así un crecemento interanual de 4,195 millóns de euros, un 21,5% en termos relativos. Dentro das distintas modalidades crediticias, é de destacar o comportamento das máis vinculadas a pemes: o crédito comercial crece a ritmos do 17%, as contas de crédito ao 30% e o leasing ao 69%.
Pola súa parte, os recursos de clientes de balance vense incrementados en 2.973 millóns de euros, o que implica unha taxa de variación interanual do 26,7%, repartida entre un 27,8% para os depósitos tradicionais e un 12,3% para as obrigas de pagamento comercializadas a través da rede de oficinas.
Esta alta capacidade de captación de recursos permitiunos manter, en paralelo, un sólido crecemento do investimento e unha suficiente folgura para a xestión da liquidez.
A translación de todo iso á conta de resultados maniféstase xa na primeira variable de referencia, a marxe de intermediación. Se illamos a estacionalidade dos dividendos, a dita marxe crece a unha taxa do 21,5%, mellorando así, substancialmente, o 13,1% alcanzado no pasado exercicio de 2006.
O desenvolvemento comercial, ademais, supón novos clientes, maior número de produtos vendidos e, polo tanto, un reflexo directo nas comisións. Respecto do mesmo período temporal do anterior exercicio, cifran un crecemento do 15,0%, destacando, dentro dos diferentes produtos e/ou servizos, as que se derivan da negociación de efectos, +22,1% e as vinculadas á venda de seguros, +42,7%.
Chégase así a unha marxe básica que marca un incremento do 17,9% e que se traslada e amplía ata un 19,7% na marxe de explotación, pola mellora da produtividade e da eficiencia; factores ambos os dous de especial relevancia, se se ten en conta que se manifestan nun contexto expansivo do número de oficinas e de empregados, +43 e +180, respectivamente, respecto dun ano antes. En concreto, a ratio de eficiencia (canto menor, mellor) situouse nun 39,9%, sendo así inferior en 202 puntos básicos á do exercicio 2006.
Unha vez descontadas as perdas por deterioración, impostos e minoritarios, o resultado atribuído ao grupo alcanza un importe de 154,2 millóns de euros, un 25,2% de incremento en termos relativos.
- Con este resultado, o ROE xa se sitúa no 18,6%; é dicir, mellora en 255 puntos básicos o do ano 2006 e, ao mesmo tempo, a rendibilidade do activo (ROA) elévase ao 0,84%, netamente superior ao 0,72% de finais do exercicio anterior
Banco Pastor gaña un 30% máis e supera, por primeira vez, os 200 millóns de euros
Ao peche do exercicio 2007, o Grupo Banco Pastor logrou un beneficio neto atribuído de 202,1 millóns de euros, 46,1 millóns de euros máis que no exercicio 2006, o cal implica un crecemento do 29,6% en termos relativos.
O resultado antes de impostos elevouse a 295,2 millóns de euros, tras un incremento de 44,5 millóns de euros respecto do alcanzado no exercicio anterior.
-O ROE, a rendibilidade sobre os recursos propios, situouse nun 18,3%, mellorando en 227 puntos básicos a do exercicio anterior e en 490 puntos básicos a alcanzada no arranque do plan Delta; é dicir, a do ano 2005.
-Pola súa banda, o ROA, a rendibilidade sobre os activos totais medios, tamén supera netamente a porcentaxe de 2006, en concreto, en 10 puntos básicos, situándose nun 0,82%.
-Así mesmo, outro dos indicadores clave, a eficiencia, mantivo a liña de mellora continua que vén mostrando ano tras ano. A ratio que a mide (canto menor, mellor) situouse nun 39,2%, alcanzando así un mínimo histórico anual, tras unha diminución de 276 puntos básicos respecto do exercicio precedente.
-Todos estes parámetros susténtanse nun crecemento equilibrado do noso negocio comercial básico, a banca de clientes. O saldo do investimento crediticio (incluídos os titulizados de fóra de balance) incrementouse nun 16,7%, mentres que o dos recursos xestionados de clientes de balance o fixo nun 22,1%. En cifras absolutas, o volume global de ambas as dúas magnitudes presenta unha variación interanual de 6.029 millóns de euros.
-Este equilibrio no crecemento permitiunos conseguir un dos mellores ratios de liquidez da banca española, para o que foi clave a anticipación prevista no plan Delta. Ao peche de 2007, o 70% do noso investimento crediticio é financiado a través dos recursos de clientes en balance. Unicamente un 30% se cobre con emisións de carácter institucional.
-Mantendo unha boa calidade crediticia: o índice de mora situouse nun 0,82%, en liña coa media do sector, mantendo ademais unha ampla cobertura, do 236,3%.
José María Arias, presidente de Banco Pastor, manifestou: "Estou particularmente satisfeito pola fortaleza que mostramos durante o 2007, un ano no que os nosos beneficios creceron, e xa van tres, por enriba do 25%. O 2008 será un ano no que un evidente cambio de ciclo traerá oportunidades a aqueles que conten cun eficaz dinamismo comercial e unha robusta eficiencia operacional. O equipo profesional de Banco Pastor está a realizar un excelente traballo na atención dos nosos clientes, polo que llo quero agradecer persoalmente".
Jorge Gost, conselleiro delegado de Banco Pastor, apuntou que "o Banco Pastor alcanzou todos os seus obxectivos marcados para o 2007, polo que vemos con claridade o cumprimento do plan Delta en 2008". Gost engadiu que "en Banco Pastor contamos cunha folgada liquidez que mellorou en 1.000 puntos básicos en tan só un ano, polo que non imos desaproveitar as oportunidades de negocio que sen dúbida haberá, sempre que cumpran as premisas básicas de rendibilidade e seguridade".
O conselleiro delegado do Pastor finalizou sinalando: "quero manifestar a miña satisfacción por ser unha das 8 primeiras entidades financeiras deste país no financiamento de ICO pemes".
A Coruña, 14 de febreiro de 2008. A conta de resultados, a evolución das variables básicas de negocio e a continua mellora das ratios de xestión danlle visibilidade e transparencia ao bo facer dunha organización, Banco Pastor, que de xeito recorrente vén mantendo unha liña de constante superación, posicionándose como unha das principais entidades de referencia do sector financeiro español.
O saldo do investimento crediticio, incluíndo os empréstitos titulizados de fóra de balance, pecha o exercicio cun montante de 24.135 millóns de euros, o que supón un crecemento de 3.456 millóns de euros respecto do 31 de decembro de 2006, un 16,7% en termos relativos. Dentro das distintas modalidades crediticias, é de destacar o comportamento das máis vinculadas a pemes. Así, por exemplo, as contas de crédito crecen a un ritmo do 27,8% e o leasing ao 47,4%.
A outra variable básica do negocio bancario, os recursos de clientes de balance, víronse incrementados en 2.573 millóns de euros, elevando a taxa interanual ao 22,1%, repartida entre un 20,0% para os depósitos tradicionais –os depósitos a prazo crecen un 33,8%– e un 56,8% para as obrigas de pagamento comercializadas a través da rede de oficinas.
Esta alta capacidade de captación de recursos facilita unha folgura suficiente para a xestión da liquidez. O 70% do investimento crediticio está financiado con recursos de clientes de balance.
O crecemento do volume de negocio básico trasládase á conta de resultados, con visibilidade xa na primeira variable de referencia, a marxe de intermediación. Sen ter en conta os dividendos, esta marxe crece a unha taxa do 17,1%, moi por enriba do 13,1% alcanzado en 2006.
Os menores dividendos, 2,0 millóns por debaixo dos percibidos en 2006, e unha leve desaceleración das comisións, crecen a unha taxa do 12,7%, lixeiramente por debaixo do que o fixeron no anterior exercicio, ao primar o crecemento dos recursos de clientes en balance en detrimento dos fondos de investimento, levan o incremento da marxe básica a un 15,2%.
Esta última taxa elévase ao 16,1% na marxe ordinaria e ao 23,4% na marxe de explotación. A isto chégase despois de que os custos de explotación mantivesen unha taxa de variación interanual idéntica á do exercicio precedente; é dicir, un 8,4%. Este estancamento dos custos, aínda cando o Grupo Banco Pastor conta con 49 oficinas máis e 360 novos empregados respecto do peche de 2006, permite mellorar a ratio de eficiencia ata situala no 39,2%.
Unha vez descontadas as perdas por deterioración, impostos e minoritarios, o resultado atribuído ao grupo totaliza un importe de 202,1 millóns de euros, o cal implica un incremento en termos relativos do 29,6%.