![]() |
|
|
|
|
As orixes de Banco Pastor datan do ano 1776, cando o comerciante-banqueiro catalán, Jaime Dalmau Batista, funda na cidade da Coruña, un establecemento dedicado ao comercio ao por maior e a operacións crediticias.
A nosa entidade presenciou o troco de dúas moedas: do real de vellón á peseta, en 1868, e da peseta ao euro, en 2002.
Durante máis de 230 anos de historia Banco Pastor foi testemuña excepcional dos avatares sociais, culturais e económicos mundiais. O desexo de contribuír á mellora social e de se adaptar aos novos tempos é unha constante en todas as etapas do Banco.
Xunta Xeral de Accionistas de 2001.
2001 Cumpridos trinta anos de mandato, Carmela Arias renuncia, por razóns de idade, ao seu cargo de presidenta de Banco Pastor. Ela é nomeada presidenta de honra da entidade, e José María Arias Mosquera, novo presidente de Banco Pastor.
A que moitos consideran a mellor película de ciencia ficción da historia, 2001, unha odisea no espazo, de Stanley Kubrick, reponse en todos os cines do mundo. En 1968, proxectárase por primeira vez en Estados Unidos. A análise do xenoma, material xenético contido nas células dun organismo, confirma que o ser humano ten pouco máis de 30.000 xens. O termo foi cuñado en 1920 por Hans Winkler, profesor de Botánica na Universidade de Hamburgo, Alemaña, como un acrónimo das palabras gene e chromosoma. Mendel publicara, en 1866, as leis da herdanza en Proceedings of the Natural History Society of Brunn. Dous anos máis tarde, Friedrich Miescher, biólogo suízo, identifica o ADN nuclear.
2003 Un ano despois de que se adopte o euro como moeda única na Unión Europea, José María Arias presenta un Plan Estratéxico a tres anos para Banco Pastor polo que se pretende potenciar a maquinaria comercial da entidade. Antes de rematar 2005, Banco Pastor xa cumpriu todos os obxectivos marcados había tres anos.
José María Arias Mosquera, Presidente de Banco Pastor
Sucursal do Pastor en Sevilla
2006 José María Arias presenta o seu segundo plan estratéxico, chamado Plan Delta, e un ambicioso “Acordo Marco de Beneficios Sociais e de Melloras na Conciliación da Vida Persoal e Profesional en Banco Pastor”.
Muhammad Yunus recibe o Premio Nobel da Paz en 2006 "polos seus esforzos para crear desenvolvemento económico e social dende abaixo". Yunus recibe pola prensa o nome de banqueiro dos pobres e é coñecido mundialmente pola súa invención do sistema de microcréditos.
2008 A crise económica provoca a caída dun dos principais bancos de investimento do mundo: Lehman Brothers.
José María Arias, presidente de Banco Pastor, afirma, nun discurso diante do empresariado galego en A Coruña, que nesta crise nos atopamos diante de
"moitas decisións que debemos tomar e incógnitas que resolver, mais un só valor verdadeiro: a habilidade organizacional para xestionar cunha información incompleta e en tempo real."
"Para iso é imprescindible ter feitos os deberes, adiantándose ás tendencias. Eses “deberes” en banca retallista, máis aló da atención ao cliente, son o que a min gosta cualificar coma unha cuádriga: o equilibrio no crecemento, cun modelo de negocio non concentrado nun único lado do balance: o activo; a liquidez; a solvencia e por último, a eficiencia. Todo isto dirixido cunhas rendas flexibles que nos permiten ser capaces de nos adaptar e reaccionar con axilidade diante dos “elementos”. Hoxe, máis que nunca, a calidade da xestión amosa as características dos que superarán esta crise: Bancos que se distingan pola atención ao cliente e conten cunha boa base de depósitos, cun grao de apoltronamento razoable, colchóns para pasaren a crise, balances sans que non inclúan activos tóxicos e, claramente, un perfil conservador da banca clásica de toda a vida”.
Sucursal do Pastor en Barcelona