Historia
  • Historia
  • 1861-89
Prensa: +34 981 12 75 20 Imprimir Enviar a

Historia do Banco Pastor

As orixes de Banco Pastor datan do ano 1776, cando o comerciante-banqueiro catalán, Jaime Dalmau Batista, funda na cidade da Coruña, un establecemento dedicado ao comercio ao por maior e a operacións crediticias.

A nosa entidade presenciou o troco de dúas moedas: do real de vellón á peseta, en 1868, e da peseta ao euro, en 2002.

Durante máis de 230 anos de historia Banco Pastor foi testemuña excepcional dos avatares sociais, culturais e económicos mundiais. O desexo de contribuír á mellora social e de se adaptar aos novos tempos é unha constante en todas as etapas do Banco.

Circular de Pastor Hermanos.  Circular de Pastor Hermanos.

1861 Declárase a Guerra Civil Estadounidense. Máis de catro anos de loita durante os cales Abraham Lincoln, como presidente dos Estados Unidos, supervisa polo miúdo cada decisión, e introduce medidas que dan como resultado a abolición da escravitude, coa emisión da súa Proclamación de Emancipación, en 1863. Medida semellante á que xa fora adoptada en Rusia cando, o 19 de febreiro de 1861, Alejandro II aboliu a servidume.
Ese mesmo ano, os irmáns José e Francisco Pastor regresan a Galicia e traballan xunto ao seu irmán Juan, baixo a razón social de “Pastor Hermanos”. Juan, José e Francisco escribíranse, anos antes, verbo da posibilidade de reencontrarse no país de orixe e potenciar os negocios familiares na Coruña. O desexo cúmprese, e os beneficios obtidos polos bos negocios de América convírtense nunha importante inxección de capital para impulsar novas iniciativas.
Simultáneamente, en Inglaterra fúndase a Caixa Postal de Aforros, primeira entidade desa clase no mundo. “Pastor Hermanos”, tamén, "Pastor Brothers", emite circulares informativas impresas en castelán e inglés, para comunicar aos corresponsais das distintas prazas de España, Europa e América todos os trocos producidos na compañía, como a incorporación de novos socios, apoderados ou o troco de razón social.

1862 Este ano Víctor Hugo publica unha das principais novelas da historia da literatura e magna obra das letras francesas: Os Miserables. Menos trascendental, mais tamén recoñecida mundialmente, é a obra do italiano Emilio Salgari, creador do personaxe de Sandokán, cuxo nacemento coincide coa publicación da novela do escritor francés.
Case como nas novelas do italiano, por eses anos, “Pastor Hermanos” embárcase na consignación de buques e mercadorías, para o cal participa na propiedade das corvetas “Gertrudis” e “Rosa”, dedicadas á carreira das illas de Cuba e Porto Rico e, con posterioridade, ás Repúblicas do Prata.

Corbeta propiedad de Pastor Hermanos Corbeta propiedad de Pastor Hermanos
Logotipo de Pastor Hermanos. Logotipo de Pastor Hermanos.

1866 Francisco Pastor Horta morre en París, onde fora para ser tratado dunha enfermidade. Está soterrado no Cemiterio do Leste ou do Pére Lachaise, célebre por acoller as sepulturas de famosos artístas e intelectuais (Moliere, O. Wilde, Balzac, Chopin, A Bela Otero, Edith Piaf, María Callas ou Jim Morrison). Dous anos despois morre Juan Pastor.

1868 Nace a peseta como unidade monetaria en España, en substitución do real de vellón. A peseta foi moeda de curso legal en España, dende a súa aprobación o 19 de outubro de 1868 ata o 28 de febreiro de 2002, cando sería substituída, xunto á doutros países europeos, polo euro.
Gertrudis Pastor Horta participa como socia comanditaria de “José Pastor y Cía.”, denominación do Banco nesa época. Nesta etapa, a firma Pastor actúa de maneira intensa como receptora e xestora das remesas de emigrantes e, grazas a iso, amplía as súas conexións externas. Convírtese na principal casa bancaria que canaliza remesas de emigrantes en Galicia, axudando financeiramente a aqueles que desexaban embarcarse para América.
O 31 de xullo José Pastor, outorga ao seu sobriño, Pedro Barrié Pastor, pai de Pedro Barrié de la Maza e neto de José Pastor Taxonera e de Juan Francisco Barrié D’Abadie, poder para que rexa a súa casa e negocios mercantís.

Gertrudis Pastor y su hijo Pedro Barrié Pastor. Gertrudis Pastor e o seu fillo Pedro Barrié Pastor.
Socios y empleados de José Pastor y Cª. Socios e empregados de “José Pastor y Cª.”

1873 As Cortes españolas depón o rei Amadeo de Saboia e proclaman a Primeira República Española. O 11 de xullo, Francisco Pi y Margall é nomeado Presidente. Permanece cinco semanas no cargo, tras as que é nomeado Nicolás Salmerón para o cargo. Ese mesmo ano, concretamente o 8 de setembro, Emilio Castelar é elixido presidente da I República Española en substitución de Salmerón, quen dimitira o día anterior.
Sen se manter á marxe dos avatares políticos do país, Galicia continúa a súa loita coas infraestruturas e dese xeito, inaugura a primeira liña ferroviaria de Galicia: o treito Santiago de Compostela-Carril. A casa Pastor participa activamente na construción ferroviaria galega, dende 1862, ano do comezo das obras do chamado Ferrocarril Compostela.

1877 O ano no que Thomas Alva Edison presenta, por primeira vez o fonógrafo, un dispositivo para gravar e reproducir son, José Pastor Horta expresa os seus pensamentos nun longo escrito de quince páxinas dirixido ao seu sobriño e herdeiro, Pedro Barrié Pastor.
A importancia da cohesión familiar, o valor da muller na sociedade, a instrución da xente ou o desenvolvemento das empresas son parte dos valores que deixa plasmados:

"... antepoño a calquera outra consideración a continuación e a prosperidade da nosa casa de comercio e o crecemento das que a esta sucedan"

" … da ilustración da muller han de xurdir a emancipación da sociedade e a maior felicidade do xénero humano, quixese que con algo da miña herdanza auxiliases calquera asociación seria, moral e acertadamente administrada, que propendese a facilitar ás mulleres da nosa provincia en primeiro lugar, de Galicia en segundo e de toda España en último termo, o estudo das carreiras literarias, científicas e profesionais e a obtención de graos e de títulos académicos e universitarios. ¿Por que non ha de haber entre nós licenciados e doutores en medicina, cirurxía, leis, ciencias, etc., pertencentes ao sexo femenino?"

"…coma outros moitos - proxectos - de utilidade recoñecida, xace sumido no olvido. Se ves que toma forma e que adquere visos de estabilidade, farías ben en contribuír en algo ao seu sostemento; mais coa condición precisa de que a Biblioteca habería de estar aberta dous ou máis horas todos os días de festa e un par de horas pola noite nos de labor, despois que cesan os traballos nas obras e talleres e mesmo se habería de permitir aos obreiros ou mesteirais a entrada no establecemento co seu traxe de traballo. Moitos dos meus libros poderían servir para un dos regalos á Biblioteca"

A súa sobriedade e austeridade quedan patentes nunha petición referida ao seu funeral: "… Nada de necrolóxicas. ¿Para que?...".

Fragmento del escrito de José Pastor. Fragmento do escrito de José Pastor.