PrensaNoticias Banco Pastor
Prensa: +34 981 12 75 20 Imprimir Enviar a

Noticias corporativas

  • 27/11/2008

    Banco Pastor nomea a Ana Peralta Directora Xeral de Riscos.

    Peralta, que tamén se incorpora ao Comité de Dirección, máximo órgano executivo da entidade, será a responsable de todos os aspectos relacionados coa xestión global de riscos de Banco Pastor, dependendo directamente do presidente, José María Arias.

  • 17/11/2008

    Enerpal e Banco Pastor promueven parques fotovoltaicos por un investimento de máis de 30 millóns de euros.

    Grupo Enerpal asociouse con Banco Pastor para a promoción de Parques Fotovoltaicos. A través desta sociedade puxéronse en marcha os parques fotovoltaicos Madrigal e Villanueva, nas localidades de Madrigal das Altas Torres e Villanueva do Aceral, ambas en Ávila, cunha potencia total de 4´3MW.

  • 14/11/2008

    O Pastor lanza unha campaña para Nadal e Reis.

    Como complemento á ampla gama de depósitos a prazo de Banco Pastor, a entidade decidiu lanzar unha campaña de remuneración en especie para imposiciones a prazo fixo deseñada especialmente para Nadal e Reis, que poderá subscribirse ata o 31 de xaneiro de 2009.

  • 31/10/2008

    Banco Pastor gaña 170 millóns de euros no seu negocio recorrente, un 10.3% máis.

    Os depósitos de clientes crecen un 8%. O Core Capital e o Ratio Bis sitúanse en 6,71% e 11,05%, respectivamente.

  • 25/09/2008

    Banco Pastor nombra conselleiro a Gonzalo Gil en sustitución de Alfonso Porras

    O Consello de Administración de Banco Pastor aproba hoxe a incorporación de Gonzalo Gil García, ex-subgobernador do Banco de España entre o ano 2000 e o 2006, como novo conselleiro independente da entidade, cubrindo a vacante de Alfonso Porras del Corral, que abandona o cargo por xubilación.

  • 31/07/2008

    Banco Pastor gaña un 18,2% máis, na súa actividade ordinaria.

    Malia a desfavorable conxuntura económica, o Grupo Banco Pastor mantén o seu dinamismo e alcanza, ao termo do primeiro semestre de 2008, un resultado atribuído de 124,4 millóns de euros de negocio recorrente, 19,2 millóns de euros máis ca no mesmo período do exercicio anterior, un 18,2% en taxa interanual.

  • 30/07/2008

    ELKARGI e Banco Pastor financian a empresarios vascos.

    O Banco Pastor e ELKARGI financian empresarios en condicións preferentes grazas ao acordo asinado entre o director rexional de Banco Pastor no País Vasco, Luis Aldecoa, e o conselleiro delegado de ELKARGI, Jesús Alberdi.

  • 15/07/2008

    Europa e os mercados emerxentes seguen ofrecendo oportunidades.

    Banco Pastor, o sétimo grupo bancario de España e Fidelity International, unha das maiores xestoras independentes do mundo, organizaron hoxe unha xornada de investimento en Barcelona para os seus clientes, na que ofreceron unha análise da situación actual.

  • 08/07/2008

    Europa e os mercados emerxentes seguen ofrecendo oportunidades.

    Banco Pastor, o sétimo grupo bancario de España, e Fidelity International, unha das maiores xestoras independentes do mundo, organizaron hoxe unha xornada de investimento en Valencia para os seus clientes na que ofreceron unha análise da situación actual.

  • 28/05/2008

    O Banco Pastor e o Banco Europeo de Investimentos destinan 400 millóns ao financiamento de Pemes.

    O Banco Pastor asinou co Banco Europeo de Investimentos (BEI) un acordo de colaboración para o financiamento de pemes por un importe total de 400 millóns de euros. Do devandito importe, a metade será achegada polo propio BEI.

  • 30/04/2008

    Banco Pastor eleva o seu beneficio un 167,3% e alcanza unha ratio de liquidez do 71,6%.

    Banco Pastor, o sétimo grupo bancario español por volume de negocio, presentou, na Xunta Xeral de Accionistas, os seus resultados durante o primeiro trimestre do ano, con beneficios de 141,1 millóns de euros, 196,7 millóns en beneficio antes de impostos, o que supón un incremento do 167,3%.

  • 10/04/2008

    Banco Pastor entre os cinco primeiros bancos españois socialmente responsables.

    O Banco Pastor forma parte do selecto grupo de 27 empresas españolas seleccionadas, dun total de 82 aspirantes, para formar parte do novo índice sostible FTSE4Good Ibex. Só cinco bancos foron seleccionados para formar parte do índice.

  • 04/04/2008

    Banco Pastor asina dous convenios que facilitan o financiamento a máis de 10.700 pemes do País Vasco.

    O Banco Pastor asinou dous convenios marco de colaboración coas dúas sociedades de garantía recíproca máis importantes do País Vasco, ELKARGI e OINARRI.

  • 22/02/2008

    Álvaro de Torres, director nacional de Pastor Banca Privada: "A banca española está mellor preparada que a europea para afrontar o cambio de ciclo".

    Álvaro de Torres, director nacional de Pastor Banca Privada, afirmou hoxe nunha conferencia que pronunciou en Ferrol que "as dotacións, reservas extra, que o Banco de España lles esixía estes anos pasados ás entidades nacionais lle dan máis estabilidade ao sistema financeiro español fronte ao europeo. A banca española está mellor preparada que o resto da europea para afrontar o cambio de ciclo".

  • 20/02/2008

    Banco Pastor incentiva a domiciliación da "Renda Básica de Emancipación".

    Banco Pastor adheriuse ao Convenio de colaboración co Ministerio de Vivenda para a xestión da Renda Básica de Emancipación de Axuda ao Alugamento dirixida a mozos de entre os 22 anos e ata cumprir os 30 anos.

  • 14/02/2008

    Banco Pastor gaña un 30% máis e supera, por primeira vez, os 200 millóns de euros.

    Ao peche do exercicio 2007, o Grupo Banco Pastor logrou un beneficio neto atribuído de 202,1 millóns de euros, 46,1 millóns de euros máis que no exercicio 2006, o cal implica un crecemento do 29,6% en termos relativos.

  • 11/02/2008

    Fonpastor 70 premiado polos seus 10 anos de rendibilidade sostida.

    Na oitava edición dos premios concedidos por Lipper-Cinco Días, o fondo de investimento de Banco Pastor –Fonpastor 70– foi premiado como mellor fondo na categoría de Mixto Euro Agresivo Global a 10 anos.

  • 21/01/2008

    Segunda edición do fondo do Pastor que remunera, suba ou baixe o Ibex.

    O éxito obtido polo fondo garantido de Pastor que remunera os seus clientes, "suba ou baixe o Ibex", é unha resposta á inquietude ante a actual situación do mercado e tamén á capacidade de Banco Pastor de adaptarse ás necesidades dos seus clientes. Ante a demanda en sucursais que segue tendo este produto, Banco Pastor decidiu reeditar o fondo e ofrecerlles aos seus clientes a posibilidade de contratar este fondo, Pastor Garantido Bolsa Española 2.

  • 17/01/2008

    Europa a Asia ofrecerán as mellores oportunidades este ano.

  • 16/01/2008

    Banco Pastor vende un 1,141% de Fenosa de cara ao próximo plan estratéxico.

    Banco Pastor vendeu en bolsa unha participación directa do 1,141 por cento de Fenosa; é dicir, un total de 3.476.322 accións.

  • 14/01/2008

    Pastor entre as 10 primeiras entidades españolas do convenio ICO-PEME.

    Banco Pastor é, por segundo ano consecutivo, unha das dez primeiras entidades españolas que, por cifra de operacións, asina o convenio ICO-PEME para o exercicio 2008. O acto celebrarase hoxe en Madrid e a este acoden só as dez primeiras entidades do país por cifra de operacións do anterior exercicio, como representación das 73 entidades subscritas ao convenio.


Contacto para periodistas

Teléfono:  +34 981 127 520 Fax:          +34 981 127 552 Email:        comunicacion@bancopastor.es