PrensaNoticias Banco Pastor
Prensa: +34 981 12 75 20 Imprimir Enviar a

Noticias corporativas

  • 05/12/2007

    Banco Pastor alcanza as 50 sucursais en Andalucía.

    Banco Pastor continúa co seu plan de expansión en Andalucía, abrindo catro novas oficinas en Sevilla capital, co que se reforzan as 14 que ten actualmente na provincia, así o anunciou o director rexional de Banco Pastor, Luis Aldecoa.

  • 19/11/2007

    Pastor Banca Privada Zaragoza alcanzará os 40 millóns de euros de volume de negocio a finais de 2008.

    Banco Pastor fai unha aposta estratéxica polos grandes patrimonios en Aragón. Abre un centro específico de banca privada en Zaragoza dirixido a ese segmento.

  • 09/11/2007

    Pastor Banca Privada abre nova oficina na Coruña.

    Pastor Banca Privada Coruña xestiona un volume financeiro de máis de 1.100 millóns de euros.

  • 22/10/2007

    Banco Pastor, 12 trimestres crecendo por enriba do 25%.

    Ao termo do terceiro trimestre do exercicio 2007, o resultado atribuído ao Grupo Banco Pastor alcanzou un montante de 154,2 millóns de euros, 31,0 millóns de euros máis que en igual período do ano anterior, elevando así a taxa de crecemento interanual ata o 25,2%, en liña, mesmo lixeiramente superior, á obtida ao final do primeiro semestre. O resultado antes de impostos totaliza 229,5 millóns de euros, tras un incremento do 24,9%.

  • 02/08/2007

    Nun mes, o novo fondo de enerxías renovables de Banco Pastor alcanza unha revalorización do 7%.

    Fonpastor Energías Renovables, lanzado o 14 de xuño, é o fondo máis novo no mercado dos que apostan polas enerxías renovables. O fondo alcanzou unha revalorización do 7% en pouco máis dun mes, a máis alta do mercado no seu grupo, e o seu patrimonio supera xa os 3,5 millóns de euros.

  • 24/07/2007

    Primeiro semestre: Banco Pastor incrementa un 25,1% o resultado.

    Cun resultado atribuído ao grupo de 105,2 millóns de euros, o Grupo Banco Pastor pecha a primeira metade do exercicio cun crecemento sobre o mesmo período do ano anterior dun 25,1% en termos relativos. O resultado, antes de impostos, elévase a 156,3 millóns de euros, un 27,9% máis.

  • 14/06/2007

    Ronáutica e Banco Pastor asócianse para ser un referente no desenvolvemento de portos deportivos de prestixio.

    Existen xa proxectos definidos en Galicia e Oriente Medio. O investimento inicial supera os 20 millóns de euros. O acordo supón unha colaboración galega a longo prazo entre unha empresa de orixe viguesa, Ronáutica, e unha de orixe coruñesa, Banco Pastor.

  • 13/06/2007

    Banco Pastor e IEN (Iniciativa Empresarial do Noroeste) garántelles condicións preferentes de financiamento aos empresarios asociados.

    O presidente de IEN por Europa (Iniciativa Empresarial do Noroeste), Manuel Pérez Pérez, e o director rexional de Galicia Norte do Banco Pastor, D. Manuel Larrosa Lema, subscribiron hoxe na sede da entidade empresarial un convenio de colaboración polo que a entidade bancaria se compromete a lle prestar á asociación, aos seus asociados e aos empregados destes, un apoio institucional nos campos do financiamento, servizos bancarios, asesoramento e información.

  • 31/05/2007

    Pastor Banca Privada abre unha oficina en Valencia

    Conta xa cun volume de negocio de 17 millóns de euros. Duplicará, nun ano, o volume de negocio xestionado. Xestiona 145 clientes.

  • 04/05/2007

    José María Arias: "Hoxe todos os profesionais teñen que ser empresarios"

    "A actitude máis importante na vida en xeral e no traballo en particular é a integridade". "A democratización da información posiblemente leve a unha descentralización do poder e a unha debilitación das estruturas verticais baseadas na xerarquía".

  • 27/04/2007

    Banco Pastor crece un 31,4% no primeiro trimestre

    Tras alcanzar un resultado antes de impostos de 76,3 millóns de euros, un 27,1% máis, o beneficio atribuído ao Grupo Banco Pastor no primeiro trimestre de 2007, unha vez descontado o imposto de sociedades e os resultados de minoritarios, situouse en 52,8 millóns de euros, o que supón un incremento interanual de 12,6 millóns de euros, un 31,4% en termos relativos, ao tempo que eleva o ROE ata un 19,0% e a eficiencia baixa ata o 39,7%.

  • 23/04/2007

    Pastor Banca Privada capta máis de sete millóns en Andalucía.

    Cumpre o seu primeiro ano e fíxose cunha carteira de 52 clientes na súa oficina de Sevilla. Prevé abrir unha nova oficina en Andalucía o próximo ano.

  • 08/03/2007

    As pemes clientes de Banco Pastor poderán ingresar cheques por internet de forma inmediata.

    Non fará falta ir ao banco para ingresar cheques. Cada cheque poderase cobrar por internet no momento no que se recibe.

  • 27/02/2007

    Banco Pastor e ab Club da Viaxe crean a Tarxeta Cliente ab Club da Viaxe para premiar a fidelidade dos seus clientes.

    A rede de franquías de intermediación turística "ab Club da Viaxe" (www.abclubdelviaje.es) quere premiar a fidelización dos seus clientes, ofrecéndolles numerosas vantaxes a través da Tarxeta Clienta ab Club da Viaxe. A tarxeta foi posible grazas ao acordo de colaboración que a insignia levou a cabo con Pastor Servicios Financieros, empresa do grupo Banco Pastor especializada en financiamento ao consumo e xestión de tarxetas de crédito.

  • 26/02/2007

    Banco Pastor premiado por cuarto ano consecutivo polos seus fondos de investimento.

    Na sétima edición dos premios concedidos por Lipper-Cinco Días, os fondos de Banco Pastor foron premiados como os mellores do seu grupo.

  • 19/02/2007

    Banco Pastor consolida a clasificación recibida por Standard&Poor´s.

    Standar&Poor's, unha das axencias de cualificación crediticia máis importantes do mundo, confirma os bos ratings do Banco Pastor no seu último informe sobre o banco e mantén os ratings de "A" a longo prazo, "a-1" a curto e con perspectiva estable.

  • 19/02/2007

    Álvaro De Torres nomeado Director de Banca Privada de Banco Pastor.

    A central de banca privada trasládase de Madrid á Coruña.Banco Pastor nomea a Álvaro de Torres novo director de banca privada de Banco Pastor e traslada a dirección de Madrid á central da entidade na Coruña, para así aproveitar sinerxías co resto das direccións do banco, como a fiscal ou a comercial.

  • 12/02/2007

    Banco Pastor crece un 25,2% en 2006

    Banco Pastor pecha o exercicio 2006, primeiro do plan Delta, cun resultado atribuído de 156,0 millóns de euros, un 25,2% máis ca en 2005


Contacto para periodistas

Teléfono:  +34 981 127 520 Fax:          +34 981 127 552 Email:        comunicacion@bancopastor.es