![]() |
|
|
|
|
Banco Pastor acaba de lanzar unha nova emisión de bonos de titulización de préstamos a pequenas e medianas empresas denominada GC FTPEME Pastor 4 por un importe de 630 millóns de euros
O obxectivo de negocio de banca persoal é alcanzar os 1.200 millóns de euros en recursos nos próximos dous anos.
Apoiados por un crecente dinamismo do negocio de pemes que achega a metade do aumento do investimento
Trinta empresas españolas e seis galegas figuran no estudo. Banco Pastor é a única compañía galega entre as cen primeiras clasificadas.
É o parque empresarial privado máis grande de España, con 470.000 m2. Torneo Parque Empresarial está situado en Sevilla capital.
Banco Pastor, consciente das necesidades das vítimas do terrorismo, establece unhas ofertas especiais para a asociación en Galicia, na que se beneficiarán de vantaxes en hipotecas, plans de pensións, fondos de investimento e outros servizos.
Establece unha liña de crédito que anticipa a indemnización das aseguradoras sen ningún tipo de comisión
O Servizo de Reclamacións do Banco de España publicou esta semana un informe no que Banco Pastor aparece como un dos bancos con menos reclamacións de clientes. O estudo, que analiza o primeiro semestre do ano, baseouse nas reclamacións recibidas polo Banco de España sobre calquera entidade que opere no país.
Banco Pastor lanza un plan de conciliación de vida persoal e profesional. Os profesionais de Banco Pastor poderán gozar de excedencias para traballar en ONG. Poderanse pedir excedencias non retribuídas para a adopción no estranxeiro, para someterse a técnicas de reprodución asistida ou o coidado de familiares con enfermidades graves.
Banco Pastor consegue a máxima cualificación crediticia (Aaa) da axencia Moody's para as súas cédulas hipotecarias. Moody´s, unha das tres principais axencias de rating do mundo, elevou o rating das cédulas hipotecarias da entidade dende Aa3 a Aaa.
O Grupo Banco Pastor pechou o primeiro semestre de 2006 cun beneficio neto atribuído de 84,1 millóns de euros, o que sitúa o ROE nun 17,2%. Antes de impostos, o resultado cífrase en 122,2 millóns de euros, o que supón un crecemento interanual de 23,0 millóns de euros, un 23,2% en taxa relativa.
Banco Pastor abre hoxe unha nova oficina en Benalmádena para reforzar as oito que xa ten na provincia de Málaga.
A FEFGA (Federación de Farmacias de Galicia) e Banco Pastor asinaron hoxe un convenio de colaboración polo cal os farmacéuticos galegos e os seus empregados terán unhas condicións especiais de financiamento adaptadas ás súas necesidades.
Banco Pastor realizará hoxe un desdobramento do valor das súas accións, na proporción de catro accións novas por cada unha das antigas, que será efectivo a partir de mañá 29 de xuño.
O 87% dos últimos 500 empregados de Banco Pastor contan, polo menos, cunha titulación universitaria. Do total de profesionais menores de 40 anos, o 80% son licenciados ou titulados e, do total do equipo, máis do 58% finalizaron, polo menos, unha titulación universitaria.
Caja Madrid Bolsa, Deutsche Bank AG, Santander Bolsa, UBS Investment Research, Banesto Bolsa e Equity Research, entre outros, recomendan comprar o valor de Banco Pastor.
Banco Pastor repartirá entre os seus accionistas a partir do próximo 31 de maio un dividendo extraordinario de 0,157 euros por título, con carácter complementario do exercicio 2005 e con cargo á prima de emisión.
"A MAIORÍA DOS CLIENTES DE BANCA PRIVADA NON SON RICOS"
Álvaro de Torres
Director adxunto de banca privada de Banco Pastor
Antes de impostos o resultado se cifra en 60,0 millóns de euros, cuantificando así un crecemento interanual de 23,1 millóns de euros, un 62,7% en taxa relativa.
Por terceiro ano consecutivo, Standard & Poor´s e Expansión premian o Banco Pastor polos seus fondos de investimento.
Enmarcado no novo plan de expansión 2006-2008, Banco Pastor abre a súa primeira oficina de banca privada en Sevilla. A nova oficina ofrecerá un servizo personalizado, achegando solucións concretas ás necesidades patrimoniais e de investimento dos seus clientes.
Hoxe mércores, 22 de febreiro de 2006, Banco Pastor foi informado por parte de Dow Jones Stoxx 600 de que as súas accións entrarán a formar parte do dito índice o día 20 de marzo de 2006. Este índice componse das 600 compañías europeas que teñen unha maior capitalización e liquidez.
Ao remate do exercicio 2005, o Grupo Banco Pastor gaña 184,2 millóns de euros de resultado antes de impostos e 124,6 de beneficio atribuído, máis que duplicando os seus homónimos do exercicio 2004, tras unhas taxas de crecemento de 114,5% e de 111,4%, respectivamente.