![]() |
|
|
|
|
Os xuros poderánse beneficiar da tributación actual, ao 18%, máis beneficiosa que do que será no 2010.
Banco Pastor premia o sorteo de Nadal cunha remuneración do 4,5% TAE a 18 meses e anticipando os xuros dese ano e medio a todos os ganadores de máis de 50.000 euros.
“Os agraciados que depositen os seus décimos premiados en Banco Pastor recibirán os xuros inmediatamente, o que lles permitirá financiar os gastos que realicen como consecuencia do premio, mantendo intacto o capital do mesmo a un tipo de xuro moi elevado”, sinalou José Antonio Otero, director de particulares de Banco Pastor.
Otero engadiu que “ao anticipar Banco Pastor os xuros e así pagalos en 2009 a tributación é favorable ao cliente, que pagará un 18% de IRPF en vez do 19% ou 21% que se pagará en 2010. Os clientes pídennos que nos preocupemos por eles e nós anticipámonos, esta é a nosa aposta, traballar pola rendibilidade dos aforros dos nosos clientes”.
O anticipo de Banco Pastor será ademais gratuito para os clientes e co depósito ao 4,5% TAE a 18 meses.
Banco Pastor habilitou unha liña especial de 200 millóns de euros dentro do marco do acordo co IGAPE (Instituto Galego de Promoción Económica) que as entidades financeiras galegas asinaron o pasado 25 de setembro. Banco Pastor mobilizará 100 millóns para os autónomos galegos e outros 100 millóns para as PEMES.
Banco Pastor habilitou unha liña especial de 200 millóns de euros dentro do marco do acordo co IGAPE (Instituto Galego de Promoción Económica) que as entidades financeiras galegas asinaron o pasado 25 de setembro. Banco Pastor mobilizará 100 millóns para os autónomos galegos e outros 100 millóns para as PEMES.
"Ter cuberta o financiamento da nosa débeda até 2012 é unha vantaxe para habilitar liñas de liquidez. No marco do acordo asinado co IGAPE o fundamental é a rapidez e por iso xa temos asignados 200 millóns para que tanto os autónomos como as PEMES galegas resolvan as súas necesidades máis inminentes de pago", sinalou Amadeu Font, director xeral de Banco Pastor. Font subliñou que Banco Pastor ampliará estas liñas se é necesario, "o que demostra o compromiso do Banco Pastor co tecido empresarial galego".
A Consellería de Economía e Industria, a través do IGAPE, anunciou que avalará a concesión dun total de 400 millóns en créditos dirixidos a empresas e autónomos cuxas solicitudes se cursarán a través dos bancos e caixas que asinaron o convenio. Banco Pastor xa realizou todas as xestións para a posta en marcha da operativa necesaria.
O plan da Xunta conta con dúas liñas de actuación, a primeira chámase "Re-brote", dirixida a pemes, e "Re-Solve", enfocada a microempresas e autónomos.
Banco Pastor, ademais, é membro desde a súa creación das dúas Sociedades de Garantía Recíproca, cuxo fin é apoiar ás PEMES na súa relación financeira coas Entidades de Crédito, que participan nestas liñas: Afigal e Sogarpo.
Cando a crise aumenta e os particulares, autónomos e comercios demandan apoio, Banco Pastor lanza un plan especificamente deseñado e dirixido para cada un destes colectivos, que se compón de diferentes servizos e produtos.
- Con esta medida, Banco Pastor amplía o plan do Goberno, comunidades autónomas e concesionarios.
- Apraza gratuitamente ata o 2011 o pagamento do recibo de autónomos.
- Presenta un Plan TPV para comercios sen comisións e ao 0,45%.
- Lanza unha hipoteca "sen chan" ao Euribor +0,49%.
- Amplía as súas liñas de financiamento para hipotecas, autónomos, comercios e pemes.
A Coruña, 28 de maio de 2009.- Cando a crise aumenta e os particulares, autónomos e comercios demandan apoio, Banco Pastor lanza un plan especificamente deseñado e dirixido para cada un destes colectivos, que se compón de diferentes servizos e produtos.
Este plan inclúe, para os tres colectivos, unha axuda directa á compra dun vehículo novo de ata 3.000 euros, ampliando así o plan presentado polo Executivo no recente debate sobre o Estado da Nación. Os particulares poderán beneficiarse dun máximo de 1.500 euros para a compra do seu novo coche e os autónomos e comercios de ata 3.000 euros de axuda directa. O único requisito por parte do cliente é contratar o préstamo ao consumo en Banco Pastor, ao 8,5%, un xuro máis baixo que o prezo medio do mercado en préstamos deste tipo.
"Non hai truco nin condicionantes, trátase dunha axuda directa á compra dun coche. Queremos involucrarnos en épocas de crise e queremos participar do plan do Goberno. En total, os clientes de Banco Pastor terán unha axuda de ata 5.000 euros, 3.000 de Banco Pastor e 2.000 do Estado e concesionarios. Estou convencido de que é unha oferta de percorrido, unha aposta decidida e firme por parte de Banco Pastor. Asumimos o risco e a aposta por clientes de valor porque estamos seguros que Banco Pastor saberá fidelizalos grazas á nosa atención e a produtos deseñados a partir da demanda real dos clientes, non cociñados en despachos", sinalou Amadeu Font, director xeral de Banco Pastor.
Particulares
Banco Pastor lanza tamén unha hipoteca "sen chan", sen comisións, sen necesidade de contratar un seguro de vida, cun tipo inicial de tan só o 1,75% os primeiros seis meses e para o resto do período a un diferencial sobre Euribor do 0,49%.
"Estamos convencidos de que a xente está queimada coas hipotecas con tipo de xuro mínimo. Agora que o Euribor baixou tanto os clientes deben poder beneficiarse desta baixada e, ademais, poder facelo de forma inmediata. O noso Hipotecal 049 favorece o cliente tanto se baixa o Euribor –ao non ter chan– coma se sobe, ao ter un CAP hipotecario que cobre as subas do Euribor por enriba do 3%", comentou José Antonio Otero, director de particulares de Banco Pastor.
Pastor engadirá en breve á súa oferta de particulares un depósito a 2 anos remunerado ao 3% anual que, ademais, incluirá un regalo de benvida.
Autónomos e comercios
Para os autónomos e os comercios Banco Pastor presenta, ademais da axuda á compra dun automóbil, un Plan Autónomos, especialmente deseñado para que poidan aprazar sen custo de ningún tipo o recibo de autónomos durante dous anos ou, se o prefiren, que se lles bonifique un 5% no recibo e, polo tanto, que obteñan un importante aforro mensual.
Tamén se lanza un Plan TPV para comercios, cun prezo máis competitivo que as recentes tarifas planas ofertadas no mercado, xa que só cobra o 0,45%.
Esta oferta global inclúe plans para colectivos, como o de estanqueiros, polo cal poderán aprazar o recibo de "Logista", empresa provedora do tabaco, mesmo ata despois de que vendan o produto. Un aprazamento que ao estanqueiro non lle custará nada.
"Facilidades financeiras é o concepto clave e nós queremos responder a iso, tanto en produtos de activo coma de pasivo. Os nosos clientes terán ademais liberdade absoluta para darse de alta e baixa cando desexen do plan que escollan", sinalou Aníbal García, director de empresas de Banco Pastor. "O obxectivo de Banco Pastor como entidade especializada en lles ofrecer produtos e servizos ás pemes é fomentar a actividade empresarial e queremos comprometernos con iso de forma agresiva", engadiu o director de empresas da entidade.
Os produtos e servizos que presenta Banco Pastor estarán acompañados, se así o desexan os clientes, dun "Seguro Negocio que se lanzará conxuntamente con AXA, segunda aseguradora europea”.
Liñas de financiamento
"De cara xa a 2010, Banco Pastor quere reforzar o seu compromiso cos particulares, pequenos empresarios, autónomos e comercios, co fin de acompañalos e de lles dar solucións na medida do posible no novo ámbito da crise. Con esta finalidade, Banco Pastor desenvolverá máis iniciativas que intensificará durante todo o período de crise, incluíndo liñas de financiamento para pemes, comercios e autónomos de máis de 2.000 millóns de euros. Os clientes farán uso deste financiamento cando o necesiten, sen solicitude previa, pois trátase de créditos xa autorizados que poden utilizar para lle facer fronte ao complexo ámbito económico actual", engadiu Font.
Banco Pastor empezou dende mediados de xaneiro a lles facilitar ás pemes a contratación das novas Liñas ICO 2009, nas que pretende seguir sendo a primeira entidade por volume de financiamento concedido en Galicia e entre as 12 primeiras no ámbito nacional. Entre as Liñas ICO que o Banco xa está a ofrecer a través da súa rede de Banca Comercial están as Liñas ICO Pemes, ICO Emprendedores, ICO Crecemento Empresarial, ICO Internacionalización ou ICO Moratoria Pemes.
Banco Pastor pon a disposición dos seus actuais clientes unha liña especial de 2.000 millóns de euros en préstamos hipotecarios pre-concedidos dirixida a particulares, clientes da entidade.
A Coruña, 7 de abril de 2009. - Banco Pastor pon a disposición dos seus actuais clientes unha liña especial de 2.000 millóns de euros en préstamos hipotecarios pre-concedidos dirixida a particulares, clientes da entidade.
"Con esta acción Banco Pastor busca corresponder á confianza depositada polos nosos clientes. A través desta liña de 2.000 millóns de euros en préstamos hipotecarios aproveitamos, en beneficio dos particulares, a vantaxe de non ter vencementos de débeda durante todo o 2009 e lograr que os nosos clientes se poidan beneficiar da liquidez da entidade," sinalou José Antonio Otero, director de Particulares de Banco Pastor. "É unha medida prudente ao estar dirixida aos nosos actuais clientes e ambiciosa porque o devandito financiamento xa está dispoñible de forma personalizada para cada cliente, que recibirán en breve información personalizada nos seus domicilios," engadiu José Antonio Otero.
Son moitos os clientes que están pensando en reformar a súa vivenda actual, para o que Banco Pastor lles brinda unha ampliación da súa hipoteca nunhas vantaxosas condicións e tamén outros que, á vista da redución do prezo da vivenda no mercado actual, están interesados en adquirir unha nova.
Fórmulas hipotecarias
Banco Pastor propoñerá de forma individual a modalidade de préstamo que mellor se adapte ás necesidades de cada cliente, tanto para financiar a adquisición de nova vivenda ou realizar reformas nesta.
Para iso, conta xa cunha gama de préstamos hipotecarios, como a "Hipoteca Carencia Total", especialmente axeitada para os clientes que compren unha nova casa sen vender a actual. Proporciona tranquilidade e marxe para vender a antiga vivenda ao permitir non ter que realizar pagamento ningún, nin de capital nin de intereses, durante os primeiros 12 meses.
Pola súa banda, a "Hipoteca Libre" permite ao cliente fixar libremente o calendario de amortización do capital da hipoteca. Cada un pode reducir o capital como mellor lle conveña, en función, por exemplo, dos ingresos que xeren ou da dispoñibilidade de fondos que poden ter en cada momento.
-Colocou en só sete días o máximo de emisión prevista: 250 millóns de euros -
-A emisión supón un impacto de 140 puntos básicos de crecemento no ratio TIER 1 -
A Coruña, 1 de abril de 2009. - Sete días tardou Banco Pastor en completar a emisión de participacións preferentes a través da súa rede de oficinas por importe de 250 millóns de euros, cun xuro do 7,25% durante os tres primeiros anos.
O banco presidido por José María Arias colocou finalmente o máximo que establecera, 250 millóns de euros, co que superou folgadamente o importe mínimo de 100 millóns.
As participacións preferentes emitíronse a un tipo de xuro do 7,25% durante os tres primeiros anos e do Euribor 3 meses máis o 4,6% a partir do cuarto ano, cun mínimo do 6,80%.
Estes títulos permítenlle á entidade reforzar aínda máis os seus recursos propios ao elevarse o ratio TIER 1 aproximadamente en 140 puntos básicos. O ratio do TIER 1 rexistrado por Banco Pastor en decembro 2008 foi do 7,46%.
Amadeu Font, director xeral de Banco Pastor, sinalou que "é moi significativo que en tan só sete días os nosos clientes da rede de sucursais depositasen a súa confianza na solidez do proxecto Banco Pastor a través da compra de participacións preferentes. Non podo estar máis satisfeito, tanto cos nosos clientes coma cos profesionais de Banco Pastor".
A retribución tanto no período a tipo fixo coma no período a tipo variable, será pagadoira con carácter trimestral durante toda a vida da emisión.
A entidade, unha das poucas que non ten vencementos de débeda a longo prazo durante o 2009, conta ademais cunha segunda liña de liquidez e colaterais de máis de 2.000 millóns de euros.
O Banco Pastor lanza unha emisión de participacións preferentes por importe de 100 millóns, ampliable a 250 millóns de euros, a un tipo de xuro fixo do 7,25% os tres primeiros anos. A partir do cuarto ano, a remuneración será variable, equivalente ao Euribor 3 meses máis un diferencial de 4,6%, cunha retribución mínima do 6,80%.
O período de subscrición desta emisión, similar á realizada por outros bancos españois, comeza hoxe, 25 de marzo, tras a verificación do folleto informativo por parte da CNMV, e finalizará o próximo 1 de abril.
Gloria Hernández, directora xeral financeira de Banco Pastor comentou que "con esta operación, que achega recursos da máxima calidade, a entidade elevará os seus ratios de solvencia moi por enriba dos ratios medios do sector. O Tier 1 elevarase máis dun punto porcentual do 7,46% en que se atopaba a peche de decembro 2008".
A retribución tanto no período de retribución a tipo fixo coma no período de retribución a tipo variable, será pagadoira con carácter trimestral durante toda a vida da emisión.
As participacións preferentes, que están dirixidas principalmente a investidores retallistas, terán un valor nominal de cen euros, e a solicitude mínima por investidor será de dez títulos, o que se traduce nun importe de mil euros.
As participacións preferentes son un instrumento financeiro que non lle outorga dereitos políticos ao investidor e a duración é perpetua. Non obstante, normalmente o emisor adoita reservarse o dereito a amortizalas anticipadamente despois de certo período de tempo, sempre que o autorice o Banco de España. No caso das participacións preferentes de Banco Pastor, está opción poderase exercitar a partir do quinto ano.
A entidade, unha das poucas que non ten vencementos de débeda a longo prazo durante o 2009, conta ademais coa posibilidade de conseguir máis de 2.000 millóns de euros adicionais avalados coa súa segunda liña de liquidez e colaterais.
Banco Pastor premia o sorteo de Nadal cunha remuneración do 8% TAE a 3 meses e un televisor extraplano de 37 polgadas con TDT.
Todos os agraciados con máis de 100.000 euros que depositen os seus décimos en calquera sucursal de Banco Pastor e formalicen algún depósito recibirán, ademais do importe total do premio, o televisor e a remuneración do 8% TAE.
