![]() |
|
|
|
|
O Depósito 11 Plus de Banco Pastor xunta nun só produto seguridade, rendibilidade e fiscalidade. Neste novo depósito, o capital investido está 100% garantido e ofrece unha rendibilidade fixa o primeiro mes do 11,57% TAE, unha das máis altas do mercado. Os 11 meses seguintes, o depósito está referenciado ao Eurostoxx 50.
Banco Pastor amplía a súa gama de contas a prazo co lanzamento do depósito bonificado, o cal ofrece unha rendibilidade do 5,61% TAE a 3 meses. Este depósito permítelle ao cliente que se vincule a Banco Pastor gozar dun produto bancario de primeira liña, ademais de obter mellores condicións na renovación das súas imposicións.
Suba ou baixe o Ibex, o novo fondo de Banco Pastor será sempre rendible para o cliente. Nun momento de incerteza con respecto á bolsa española, Banco Pastor atrévese a lanzar un fondo que asegura o 100% do capital, máis unha importante porcentaxe de rentabilidad ocorra o que ocorra coa evolución do índice español.
Pastor premia a fidelidade dos seus clientes a través deste depósito, que aumenta os seus xuros cada trimestre e alcanza un 5,22% TAE cando o depósito permanece 12 meses. O depósito 12 Creciente asegura total liquidez, sen necesidade de contratar outros produtos.
Banco Pastor lanza un depósito estruturado a 15 meses, a través do cal os seus clientes obterán uns xuros do 6% no primeiro trimestre.
Máis do 90% foi colocado entre investidores internacionais. Banco Pastor acaba de lanzar unha titulización de empréstitos ao consumo dirixida a investidores institucionais europeos por valor de 300 millóns e que foi colocada principalmente en Francia, Alemaña e Reino Unido.
Tras o éxito das dúas primeiras xeracións do Depósito 10 Plus, Banco Pastor lanza o Depósito 10 Plus III coas mesmas condicións que os anteriores, o primeiro mes remunérase ao 10% nominal anual e o resto do prazo con base no índice DJ Euro Stoxx 50.
O fondo garante o 100% do capital investido. Banco Pastor lanza un fondo referenciado á evolución de seis empresas dedicadas ao desenvolvemento, produción ou distribución de produtos relacionados con enerxías renovables e recursos naturais.
Banco Pastor lanza un novo depósito a un ano denominado "Depósito 10 Plus II", no que o primeiro mes se remunera ao 10% nominal anual e o resto do prazo con base no índice DJ Euro Stoxx 50.