NósSomos

Un Equipo

 

“Somos unha organización de profesionais que se esforzan por se converter en asesores financeiros de confianza dos seus clientes, unha organización de persoas que falan con persoas. Para iso, o compromiso é un factor chave, debemos non regatear esforzos cara ao cumprimento das nosas obrigas cos clientes”.
José María Arias, Presidente de Banco Pastor.

“Somos un banco de persoas que fala e traballa cos clientes,…, somos un banco que aposta pola relación achegada e persoal cos clientes, acompañándoos no seu crecemento e preocupándonos polas mesmas cousas ca eles, o éxito empresarial sen especulacións”.
Jorge Gost, Conselleiro Delegado de Banco Pastor. Diario Expansión.

“Contamos cunha rede que chega a calquera curruncho de España, con profesionais altamente cualificados e con ferramentas que nos permiten coñecer os comportamentos e necesidades dos clientes. A combinación destes factores crea grandes oportunidades”.
José María Arias, Presidente de Banco Pastor. Revista Retail Banker International (UK).

“Non podemos pensar en xerar valor para os accionistas se antes non temos xerado valor para os clientes; e non podemos pensar en xerar valor para os clientes se antes non temos xerado valor para as persoas que forman parte de Banco Pastor,…, buscamos crear unha organización capaz de aprender a rir,…, traballamos moito, mais tentamos gozar no traballo,…, o esforzo esixente non está rifado con pasalo ben,…, debemos adicar gran parte do tempo a escoitar e comunicar, non só o malo, senón tamén os éxitos para que todo o mundo sexa partícipe deles. Todos queren formar parte dun proxecto de futuro. É esencial facer o esforzo por recoñecer o traballo ben feito”.
Jorge Gost. Extracto da conferencia impartida na Universidade Menéndez Pelayo (UIMP).

“Tras os máis de trinta anos neste sector podo dicir que só hai unha chave na banca, como en moitos outros sectores: o cliente. Toda organización que saiba adiantar as súas necesidades, estar preparada para cando xurdan e atender con rapidez e rigor cando o cliente o necesite, terá o éxito asegurado. Iso é o que nós chamamos “Calidade Pastor”: adiantarse, prepararse e responder”.
Amadeu Font, Director General de Banco Pastor. diario ABC.