Nós

Nós

As orixes de Banco Pastor datan do ano 1776, cando o comerciante-banqueiro catalán, Jaime Dalmau Batista, funda na cidade da Coruña, un establecemento dedicado ao comercio ao por maior e a operacións crediticias.

A nosa entidade presenciou o troco de dúas moedas: do real de vellón á peseta, en 1868, e da peseta ao euro, en 2002.

Desde hai 235 anos, Banco Pastor é  testemuña excepcional dos avatares sociais, culturais e económicos mundiais. O desexo de contribuír á mellora social e de se adaptar aos novos tempos é unha constante en todas as etapas do Banco.
 

Pedro Barrié de la Maza en Alemania. Pedro Barrié de la Maza en Alemania.

1891 Pablo Ruiz Picasso trasládase á Coruña coa súa familia, e ingresa no Instituto Eusebio da Guarda. A súa formación na cidade herculina sería fundamental no desenvolvemento posterior do seu talento artístico. Catro anos despois, Pedro Barrié de la Maza, futuro presidente de Banco Pastor e futuro Conde de Fenosa, realiza os seus estudos de bacharel nese mesmo instituto, e ao rematalos, encamíñase a Alemaña, Gran Bretaña e Francia para se especializar nos estudos e a práctica do comercio. Esta formación sería chave para aplicar, posteriormente, mecanismos financeiros innovadores na xestión dos seus negocios bancarios e empresariais.

1899 A soberanía de España en Cuba chega ao seu fin, como consecuencia da Guerra Hispano-Estadounidense, desatada un ano antes entre España e os Estados Unidos. Esta guerra transcurre durante a infancia do rei Alfonso XIII, cando exerce a rexencia a raíña María Cristina, viúva do rei Alfonso XII; é presidente do goberno español Práxedes Mateo Sagasta, é presidente de Estados Unidos, William McKinley. O chamado Desastre do 98 ten como principal resultado, a independencia de Cuba e a perda, por parte de España, do resto das súas colonias en América e Asia (Porto Rico, Filipinas e Guam), cedidas a Estados Unidos, que se convertiría en potencia colonial.
A familia Pastor segue conflito con interese, mais sen deixar de lado os seus negocios. Desa maneira, Sobrinos de José Pastor toma un papel activo na promoción de proxectos empresariais en Galicia. Son  exemplos, a constitución da Azucarera Gallega, S.A. ou a Hidroeléctrica del Pindo, cuxa central do Ézaro é maior xeradora de enerxía eléctrica de Galicia ata que, no ano 1925, se inaugura a do Tambre.

Sociedad Hidroeléctrica del Pindo. Sociedad Hidroeléctrica do Pindo.
Circular sobre el nuevo socio Pedro Barrié de la Maza. Circular sobre o novo socio Pedro Barrié de la Maza.

1912 Nace en Nova York Milton Friedman, quen chegaría a ser un dos principais defensores da economía de libre mercado, na segunda metade do século XX, e premio Nobel de Economía, en 1976. Curiosamente, ese é o ano no que se establece a República Popular Chinesa. No eido da arte, Antonio Machado publica a que probablemente é a súa obra máis coñecida, Campos de Castilla, e no eido da ciencia, Ernest Rutherford, considerado o pai da física nuclear e premio Nobel de Química, presenta o descubrimento do núcleo atómico, no que se xunta toda a carga positiva e case toda a masa do átomo.
O ano para os Pastor comeza coa incorporación, tras o seu intenso ciclo formativo no estranxeiro, do xoven Pedro Barrié Pastor. En 1913, os socios da compañía outórganlle poder «para rexer, gobernar e administrar os bens de todas clases e os establecementos pertencentes a devandita sociedade». Finalmente, o 25 de xuño de 1915 prodúcese a súa admisión como novo socio, o que lle permite participar plenamente na dirección, administración e xerencia da casa, á que achega un capital de 100.000 pesetas en metálico.

1914-1917 Ao remate da I Guerra Mundial prodúcese un reaxuste dos mercados mundiais, tras o que moitas entidades bancarias acaban sendo absorbidas por outras.

A firma Pastor, que en vésperas da Gran Guerra xa estaba á fronte da banca coruñesa e exercía como un dos líderes na galega, fai crecer o seu negocio grazas á súa capacidade de resposta e anticipación aos trocos que esixía o mercado.

Anuncios en el periódico galleguista A Nosa Terra. Anuncios no periódico galeguista A Nosa Terra.