Nós
  • Nós
  • Avanzamos

Imos cara adiante

Imos cara adiante porque medramos, imos cara adiante porque nos consolidamos.

Banco Pastor converteuse no 7º grupo bancario español con 600 sucursais en toda España e presenza internacional nos Estados Unidos e nas principais capitais de Europa e América Latina.

230 anos

Imos cara adiante porque despois de 230 anos seguimos a facer banca para os nosos clientes. En 2008 aumentamos o seu número nun 15% con respecto ao ano anterior.

Accionistas de referencia

Imos cara adiante porque dispoñemos de accionistas de referencia como a Fundación Barrié, con máis do 40% do capital, ou Ponte Gadea (Amancio Ortega, Inditex) e Casa Grande Cartagena (Rafael del Pino, Ferrovial) co 5% cada un e posto no Consello de Administración.

Triplicamos o volume de negocio

Imos cara adiante porque entre o ano 2002 e o 2008 medramos en 1.300 profesionais, 190 sucursais e triplicamos o volume de negocio.

130 países

Imos cara adiante porque Banco Pastor asinou acordos de colaboración con máis de 1.900 entidades financeiras en máis de 130 países, para que os nosos clientes estean acompañados cando decidan abordar un novo mercado.

Imos cara adiante

Imos cara adiante porque cremos en Banco Pastor e nos seus clientes.


Avanzamos