Goberno Corporativo
  • Goberno Corporativo
  • Consello de Administración

Consello de Administración

O Consello de Administración de Banco Pastor S.A. exerce a función xeral de supervisión, encadrada dentro do conxunto de facultades que lle atribúen os Estatutos Sociais e a Lei de Sociedades Anónimas.

A composición actual deste órgano é a seguinte:

Presidente

  • Don José María Arias Mosquera Ver C.V.

Vicepresidente / Conselleiro Delegado

Vogais

  • Don José Luis Vázquez Mariño Ver C.V.
  • Don Marcial Campos Calvo-Sotelo Ver C.V.
  • Don Fernando Díaz Fernández Ver C.V.

Vogal Secretario

 

De maneira específica, son tres as responsabilidades fundamentais do Cosello de Administración:

  • A orientación da política da empresa, con determinación e revisión das estratexias da mesma.
  • O control das instancias de xestión.
  • O enlace cos accionistas.

Todo iso, baixo os principios de efectividade, responsabilidade, transparencia e información, tanto pola banda dos accionistas, coma dos reitores dos mercados financeiros e do Banco de España, e na procura do máximo interese societario, que é a creación de valor para a acción e o accionista.

O Consello ostenta a dirección da Sociedade cos máis amplos poderes para a súa xestión e administración. Correspóndenlle, polo tanto, todas as facultades non reservadas expresamente á Xunta Xeral de Accionistas,  como privativas desta, nos Estatutos Sociais e na lexislación vixente.

O Consello desempeña as súas funcións respectando as esixencias impostas polo dereito, e observando os deberes éticos e de boa fe mercantil que, en cada intre, esixa unha responsable dirección da sociedade e da súa empresa.

A súa actuación réxese, en todo momento, polo principio de máximo interese da empresa, de acordo cos criterios e valores de conduta de xeral aceptación.