Goberno Corporativo
  • Goberno Corporativo
  • Comité de Dirección

Comité de Dirección

O Comité de Dirección é un órgano colexiado, de natureza mixta, que depende e foi creado polo Consello de Administración, ao amparo do artigo 30 dos Estatutos Sociais. Informa e propón a política empresarial, e acorda e executa as operacións propias do negocio social, no marco das súas facultades de xestión empresarial, e seguindo as directrices que imparte o Consello de Administración.

A composición actual deste órgano é a seguinte:

Presidente

  • Don José María Arias Mosquera Ver C.V.

Vogais

  • Don José Manuel Sáenz GarcíaVer C.V.
  • Don José Manuel Ramos SánchezVer C.V.

Vogal Secretaria

 

O Comité de Dirección  está composto por Conselleiros executivos e directivos de Banco Pastor S.A.

Actúa como Presidente o do Consello de Administración, na súa condición de primeiro executivo da entidade, e poderá delegar noutro membro. O Secretario será a persoa que o Consello designe.

Os membros do Comité son designados polo Consello de Administración, a proposta do seu Presidente, e cesarán cando o acorde o Consello de Administración.

O Comité ten as seguintes funcións:

  • Realizar propostas verbo da política empresarial do Banco, e executalas no seu caso.
  • Acordar a concesión de créditos e investimentos, así como as demais operacións propias do negocio social.
  • Crear, no seu seo, os subcomités que estime pertinentes.
  • E calquera outra función que lle encomende o Consello de Administración.