Goberno Corporativo
  • Goberno Corporativo
  • Comisión de Nomeamentos

Comisión de Nomeamentos e Retribucións

A Comisión de Nomeamentos e Retribucións é o órgano colexiado do Consello de Administración que informa a este sobre os nomeamentos, reeleccións, ceses e retribucións do Consello e dos membros da Alta Dirección do Banco.

A Comisión de Nomeamentos e Retribucións estará formada por un mínimo de 3 Conselleiros. Na súa maior parte, os seus membros son Conselleiros externos. Está presidida por un Conselleiro independente.

A composición actual deste órgano é a seguinte:

Presidente

  • Don Marcial Campos Calvo-Sotelo Ver C.V.

Vogais

  • Don Fernando Díaz Fernández Ver C.V.

Secretario non membro

 

Actúa como Secretario da Comisión de Nomeamentos e Retribucións quen o sexa no Consello de Administración.

Os membros da Comisión, o seu número e o Presidente da mesma son designados polo Consello de Administración, a proposta do Presidente do Consello, e cesarán cando o fagan na súa condición de Conselleiros ou cando así o acorde o Consello de Administración.

Sen prexuízo doutros cometidos que lle asigne o Consello, a Comisión ten como funcións principais:

  • examinar e elevar ao Consello de Administración as propostas de nomeamento, reelección, cesamento e políticas de retribución de Conselleiros e Altos Directivos.
  •  Supervisar o cumprimento das regras de Goberno Corporativo.
  • Informar ao Consello verbo de cuestións de diversidade de xénero.