![]() |
|
|
|
|
A Comisión de Control e Auditoría é o órgano colexiado do Consello de Administración responsable da información, supervisión, control e asesoramento da actividade societaria, en materia contable, económica e financeira, así como do cumprimento das disposicións legais e regulamentarias que, naquelas materias, sexan de aplicación a Banco Pastor S.A.
A composición actual deste órgano é a seguinte:
A comisión de Control e Auditoría está composta por un mínimo de tres membros e un máximo de seis, con maioría de Conselleiros non executivos.
O Presidente, que é nomeado entre os seus membros, deberá ser un Conselleiro independente. O seu mandato será de catro anos, e poderá ser reelixido unha vez transcorrido un ano dende o seu cesamento. Actúa como Secretario o do Consello de Administración.
Os membros da Comisión son designados polo Consello de Administración, a proposta do seu Presidente, e cesarán cando o fagan na súa condición de Conselleiros ou cando desa maneira o acorde o Consello de Administración.
Son funcións da Comisión de Control e Auditoría: