INFORMACIÓN LEGAL
Condicións de utilización da Web.
Web oficial do Grupo Banco Pastor, que agrupa tanto a Banco Pastor, S.A. (en adiante, Banco Pastor ou o Banco) como ás súas sociedades filiais.
Lea atentamente as seguintes Condicións Xerais. Polo acceso a esta dirección e a calquera das súas páxinas (en adiante, a Web) adquirirase a condición de usuario e presúmese que acepta estas Condicións Xerais.
Banco Pastor pon a disposición dos seus clientes a través da súa páxina Web toda a información relacionada co tipo de actividade, produtos e servizos que realiza.
A Web de Banco Pastor ten por obxecto facilitar o coñecemento das distintas entidades que integran Grupo Banco Pastor e dos produtos e servizos ofrecidos e prestados polas mesmas, así como proporcionar distintos servizos de Banca Electrónica aos seus usuarios.
Ningún dos contidos que forman parte da páxina Web do Grupo Banco Pastor deben ser considerados como recomendacións de investimento, nin como asesoramento de ningunha clase, incluídos, sen carácter limitativo, os de tipo legal ou fiscal. Por todo iso, nada do que nesta páxina se inclúe debe servir de baseamento para realizar investimentos ou adoptar decisións de ningún tipo. Antes de decidir verbo de calquera investimento, debería obterse o asesoramento profesional axeitado e específico. Neste sentido, o anuncio de rendibilidades pasadas, non constitúe promesa ou garantía de rendibilidades futuras.
Propiedade intelectual e industrial.
Banco Pastor é titular dos dereitos de Propiedade Intelectual e Industrial sobre do contido desta Web e dispón dos permisos necesarios para a súa utilización.
A totalidade desta Web, é dicir, os elementos que a compoñen (código fonte, deseño, textos, imaxes, marcas, logos, combinacións de cores, arquivos de audio ou vídeo), así como a estrutura, selección e orde dos seus contidos, encóntranse protexidos pola normativa da Propiedade Intelectual e Industrial.
Calquera acto de reprodución, distribución, modificación, uso con fins públicos, comerciais ou calquera outra maneira de explotación, cesión ou transformación de todo ou parte do contido desta Web, así como calquera outra maneira de difusión non autorizada expresamente, requirirá o consentimento por escrito de Banco Pastor.
Só para uso persoal e privado se permite descargar os contidos, copiar ou imprimir calquera páxina desta Web.
O acceso a esta Web non outorga aos usuarios dereito, nin titularidade algunha sobre os dereitos de propiedade intelectual e/ou industrial dos contidos desta Web.
Banco Pastor resérvase a posibilidade de exercer as accións legais que correspondan contra os usuarios que violen ou infrinxan os dereitos de propiedade intelectual e/ou industrial.
Normativa MIFID.
MiFID é a abreviatura de Markets in Financial Instruments Directive. Trátase dunha normativa de ámbito europeo que afecta ao sector financeiro dende moitos ámbitos, nace con vocación xeneralista e énfase en aspectos preventivos, que cada entidade debe aplicar en función do seu tamaño, tipo e estrutura. A Directiva MiFID regulamenta a nivel europeo a prestación de servizos de investimento polas entidades financeiras e o funcionamento dos mercados de instrumentos financeiros.
O obxectivo xenérico da MiFID é avanzar cara a un mercado único europeo de servizos financeiros, reforzando a competitividade dos Estados membros e homoxeneizando as condicións en que se prestan os servizos de investimento da Unión Europea, mais na práctica, o impacto máis relevante para o traballo e contactos diarios cos clientes dunha entidade financeira é que a MiFID procura unha maior protección ao investidor, sexa persoa física ou xurídica, na contratación dos instrumentos financeiros suxeitos a esta normativa. Con esta finalidade, a normativa esixe ás entidades financeiras o cumprimento de determinados requisitos de transparencia, organización interna e normas de conduta.
Limitación de responsabilidade.
Banco Pastor non garante que o acceso á Web sexa sen interrupcións nin sen erros, e non será responsable das perdas, danos ou prexuízos de calquera tipo que xurdan por acceder e usar a Web, incluíndo, mais non limitando, os producidos nos sistemas informáticos ou os provocados pola introdución de virus e/ou ataques informáticos. Banco Pastor tampouco será responsable dos danos que puidesen sufrir os usuarios por unha utilización non axeitada da Web e, de ningunha maneira, das caídas, interrupcións, ausencia ou defecto nas telecomunicacións.
Banco Pastor obtivo a información e os materiais incluídos na Web de fontes consideradas como fiables, mais, aínda que se tomaron medidas razonables para se asegurar de que a información contida é correcta, Banco Pastor non garante que sexa exacta, completa ou actualizada, malia os esforzos para velar pola súa veracidade e actualización e, consecuentemente, non se debe confiar nela como se o for. Banco Pastor declina expresamente calquera responsabilidade por erro ou omisión na información contida na páxina desta Web.
Banco Pastor non responde da veracidade, integridade ou actualización das informacións que non sexan de elaboración propia e das que se indique outra fonte, nen das contidas noutras webs mediante vínculo (“links”) dende http://www.bancopastor.es, facilitadas ao usuario coma fonte alternativa de información, que se rexerán polos termos e condicións de utilización das páxinas consultadas. Calquera uso dun vínculo ou acceso a unha web non propia é realizado pola vontade e risco exclusivo do usuario. Banco Pastor non se responsabiliza de ningunha perda, reclamación ou prexuízo derivado do uso dun vínculo, ou da información obtida a través del. Ademais, Banco Pastor adverte que os vínculos a páxinas non pertencentes a empresas do Grupo Banco Pastor, non implican de ningunha maneira apoio, patrocinio ou recomendación por parte de Banco Pastor.
Calquera enlace a esta Web dende outra deberase facer sempre á páxina principal (http://www.bancopastor.es) non implicando de ningún xeito apoio, patrocinio ou recomendación do Banco por parte do sitio que contén o vínculo, podendo utilizar a seguinte imaxe:

Así mesmo, Banco Pastor non se responsabiliza das posibles discrepancias que, con carácter transitorio, poidan xurdir entre a versión dos seus documentos impresos e a versión electrónica dos mesmos publicados na súa páxina Web.
Queda prohibido transmitir ou enviar a través da Web calquera contido ilegal ou ilícito, virus informático, ou mensaxes que, en xeral, afecten ou violen dereitos de Banco Pastor ou de terceiros.
Modificación.
Esta Web ten por obxecto informar das actividades, produtos e servizos de Banco Pastor, o cal se reserva o dereito a efectuar actualizacións, modificacións ou eliminacións no seu contido, configuración ou presentación en calquera momento e sen aviso previo, podendo mesmo limitar ou non permitir o acceso a devandita información. De xeito especial, Banco Pastor resérvase o dereito a eliminar, limitar ou impedir o acceso á súa Web cando xurdan dificultades técnicas por feitos ou circunstancias alleas a Banco Pastor que, ao seu xuízo, diminúan ou anulen os niveis de seguridade estándares adoptados para o axeitado funcionamento da Web.
Banco Pastor resérvase o dereito de modificar en calquera intre os termos e condicións de uso desta Web, polo que se recomenda revisar periodicamente este documento.
Seguridade.
Banco Pastor é consciente da necesidade de garantir o tránsito de información entre o Banco e os seus clientes. Por este motivo, Banco Pastor conta coas máximas medidas de seguridade para garantir a confidencialidade das comunicacións.
O usuario sempre debe comprobar que está a introducir os seus datos nunha páxina segura. Para iso deberá:
- Verificar que a conexión se está a realizar a través dun servidor seguro.
- Comprobar os certificados de seguridade na páxina que se atopa.
Banco Pastor coñece a existencia de e-correos fraudulentos enviados a clientes de diferentes Entidades Financeiras, solicitando os seus datos e/ou Código de Usuario ou Clave de Acceso a Banca Electrónica.
Non esqueza seguir as seguintes normas de seguridade sempre que lle sexan solicitados os seus datos persoais a través da Internet:
- Non atenda solicitudes de claves que lle cheguen a través do correo electrónico.
- O seu Código de Usuario, Clave de Acceso, pin de tarxeta, sinatura, etc. son datos de carácter persoal e estritamente confidenciais, e só deben ser empregados para o acceso aos servizos propios de Banco Pastor.
- Desconfíe de calquera toma de datos persoais realizada a través da Internet en nome de Banco Pastor e fóra da Web. Ante calquera dúbida da veracidade dos datos solicitados ou autenticidade da páxina visitada, pregamos contacte de maneira inmediata con Banco Pastor.
- Non dea nunca información persoal ou financeira en resposta a un e-correo.
- Non utilice os vínculos incorporados en e-correos ou páxinas webs de terceiros.
Lembre que Banco Pastor nunca lle enviará por correo electrónico solicitude de que informe verbo dalgún dos seus datos persoais.
As actividades, produtos e servizos incluídos nesta Web están dirixidos a consumidores con residencia en España. Para calquera cuestión que poida xurdir sobre devanditos contidos, actividades, produtos e/ou servizos será de aplicación a Lexislación Española, sendo competentes igualmente os Tribunais de España, con sometemento expreso á xurisdición dos tribunais da cidade da Coruña.
Lexislación
As actividades, produtos e servizos incluídos nesta Web están dirixidos a consumidores con residencia en España. Para calquera cuestión que poida xurdir sobre os devanditos contidos, actividades, produtos e/ou servizos será de aplicación a Lexislación Española, sendo competentes igualmente os Tribunais de España, con sometemento expreso á xurisdición dos tribunais da cidade da Coruña.
Información social.
Banco Pastor, S.A.
Domicilio social: Cantón Pequeno, nº 1 - 15003 A Coruña.
Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña, Tomo 783, Sección Xeral, Folio 1, Folla C-519, Inscrición Primeira.
CIF: A-15000128
Entidade de Crédito suxeita á supervisión do Banco de España e inscrita no Rexistro administrativo especial co número 0072.
POLÍTICA DE PRIVACIDADE
Banco Pastor deseñou unha política de privacidade, establecendo os medios e procedementos necesarios para a levar a cabo.
Lembrámoslle que o seu Código de Usuario, Clave de Acceso, PIN de tarxeta, sinatura, etc. son datos de carácter persoal e estritamente confidenciais, que só deben ser usados para o acceso aos servizos propios de Banco Pastor.
En cumprimento da legalidade vixente, Banco Pastor adoptou as medidas técnicas e organizativas necesarias para manter o nivel de seguridade requirido en atención a estes datos persoais. Da mesma maneira, está dotado dos mecanismos precisos para evitar, na medida do posible, os accesos non autorizados, subtraccións e modificacións ilícitas e a perda dos datos.
Os únicos datos persoais aos que Banco Pastor terá acceso serán aqueles que vostede, como usuario desta Web, facilite voluntariamente, ao cumprimentar os formularios de solicitude de produtos e/ou servizos. Só os servizos técnicos e comerciais do Grupo Banco Pastor terán acceso a devandita información. Ademais, nestes casos, obtemos o consentimento necesario para que os datos sexan cedidos segundo o disposto nos artigos 6 e 11 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal.
Con esa finalidade, o/os usuario/s presta/n o seu consentimento para que o Banco Pastor trate automatizadamente ou non os datos de carácter persoal aos que teña acceso como consecuencia da navegación polas páxinas web da Internet, da consulta, solicitude ou contratación de calquera servizo ou produto, ou de calquera transacción ou operación realizada, e estes incorpórense a un ficheiro ou ficheiros susceptibles de tratamento automatizado ou non, do/dos que a entidade poderá facer uso para a súa información e/ou a execución dos correspondentes contratos, así como para a realización de toda clase de análises e estudos personalizados ou segmentados.
O /Os usuario/s ten/teñen dereito a acceder ao ficheiro ou ficheiros que conteña/n os seus datos persoais, de cuxo tratamento é responsable Banco Pastor, para exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, nos termos e condicións estipulados pola normativa de Protección de Datos de Carácter Persoal, mediante correo postal ordinario dirixido ao Apartado de Correos Nº 32, F.D., 15080, A Coruña, achegando fotocopia do D.N.I., solicitude que se realiza, indicación do enderezo a efectos de notificacións, data e sinatura do solicitante e, no seu caso, documentos acreditativos da petición.
O sitio Web e as páxinas de Banco Pastor utilizan cookies. As cookies son pequenos ficheiros que serven para identificar unha sesión de usuario e un ordenador, que non proporcionan ningún dato persoal. Tampouco poden ler datos do seu disco duro, nin cookies doutros sitios Web.
Para utilizar os nosos servizos é necesario que o usuario permita a utilización das cookies enviadas por Banco Pastor. Grazas a este instrumento, podemos reforzar a súa seguridade, determinar con que frecuencia utiliza os nosos servizos e coñecer patróns estatísticos de comportamento, sempre coa intención de achegar unha maior calidade á súa experiencia de usuario.