Accionistas e InvestidoresOficina do accionista

Boletín do accionista

  • 10/01/2012

    Comentario Renda Variable

    Tras o acontecido nos mercados os últimos meses, esperábase que o tan esperado cumio do día 9, tivese dado algo de estabilidade aos mercados bolsistas. Tras unha primeira subida saudando os resultados desta, segue prevalecendo a desconfianza e o medo, ao igual que tras os numerosos e "decisivos" cumios anteriores. A inseguridade vén xerada pola manifesta falta de coordinación entre os políticos que rexen os destinos da Unión Europea. Europa embarcouse nun proceso irreversible para crear a unión fiscal, que é o único que podía ser. Iso si, isto supón que a solución non vai ser nin doada nin moito menos rápida. É dicir, vémonos abocados cara a un período de baixo crecemento económico (cando non recesivo nalgúns países) antes de volver á senda de datos positivos. Así xa o vaticinan as proxeccións dos principais estudos económicos do vello continente con continuas revisións á baixas. O único consolo é a aparente estabilidade das primas de risco que se relaxaron dende máximos aínda que non é descartable que se produzan novos sustos. Mentres, as bolsas seguirán con altas volatilidades e baixos volumes de contratación.


Contacto para Accionistas e Investidores

Investidores e Analistas: Teléfono: +34 981 127 420 Fax:         +34 981 127 433 Email:       ir@bancopastor.es Accionistas: Teléfono: +34 915 213 957 Email:       accionistas@bancopastor.es