![]() |
|
|
|
|
A Comisión de Nomeamentos e Retribucións é o órgano colexiado do Consello de Administración que informa a este sobre os nomeamentos, reeleccións, ceses e retribucións do Consello e dos membros da Alta Dirección do Banco.
A Comisión de Nomeamentos e Retribucións estará formada por un mínimo de 3 Conselleiros. Na súa maior parte, os seus membros son Conselleiros externos. Está presidida por un Conselleiro independente.
A composición actual deste órgano é a seguinte:
Actúa como Secretario da Comisión de Nomeamentos e Retribucións quen o sexa no Consello de Administración.
Os membros da Comisión, o seu número e o Presidente da mesma son designados polo Consello de Administración, a proposta do Presidente do Consello, e cesarán cando o fagan na súa condición de Conselleiros ou cando así o acorde o Consello de Administración.
Sen prexuízo doutros cometidos que lle asigne o Consello, a Comisión ten como funcións principais: