Accionistas e InvestidoresAcerca do Banco

Banco Pastor nun minuto

Banco Pastor é o sétimo maior grupo bancario en España e líder en Galicia, cun volume de negocio comercial que supera os 40.000 millóns de €.
Cunha longa experiencia no mercado español, no que operamos dende 1776.
Esencialmente, somos un banco retallista con 578 sucursais por todo o territorio nacional, unha rede de 10 oficinas en Europa e América e  4.128 empregados.
As nosas principais actividades son a captación de depósitos e a concesión de préstamos a individuos e a pequenas e medianas empresas.
Ademais, tamén contamos con outros servizos máis específicos tales como a xestión de investimentos, fondos de pensións, Bolsa e financiamento ao consumo.
O noso principal accionista é a Fundación Barrié, con máis do 40% do capital. Creada no ano 1966, dedicou máis de 280 millóns de euros ao desenvolvemento de actividades nos eidos da educación, a investigación, a cultura e os servizos sociais.

 

Banco Pastor en un minuto

Contacto para Accionistas e Investidores

Investidores e Analistas: Teléfono: +34 981 127 420 Fax:         +34 981 127 433 Email:       ir@bancopastor.es Accionistas: Teléfono: +34 915 213 957 Email:       accionistas@bancopastor.es